[Tradutores-Ubuntu] axuda

José Manuel Castroagudín Silva chavescesures at gmail.com
Fri Oct 23 19:20:22 BST 2009


(offtopic)

Acabo de instalar Abiword (2.6.8, en Debian) e quedei flipado. Aúltima vez
que o vira, Abiword non era practicamente nada. Agora ten algunhas cousas
que da gloria velas. O menú de Ferramentas ten unha pinta caralluda, moito
máis alá do que se esperaría dun procesador de textos. O menú de
"Collaborate", promete.. (non fun quen de que funcionara, pero se é o que
parece, é unha auténtica marabilla. Podes empregar unha conta de jabber para
ter "documentos compartidos"...)

Miña nai, parece que vai ser mellor que revise os programas que uso, e
botarlle un ollo a todas as alternativas. A saber o que me estou a perder,
jejeje...

(/offtopic)

2009/10/23 Antón Méixome <certima at certima.net>

> Si, a idea é a "tabulación que encabeza, que lidera"
>
> Mestra?
> Polo menos así a traduciu Nacho en Gnome
>
>
>
> 2009/10/23 Román <roman.pena.perez at gmail.com>:
> > 2009/10/23 Antón Méixome <certima at certima.net>:
> >> Pois a ver,
> >>
> >> Lista de mans (só se que ocorría "índices" pero optei por seguir o
> literal)
> >> Lista de frechas (xa sei que en matemáticas significa "implica) pero
> >> resultaría estrambótico aquí, no uso xeral
> >> Lista de corazóns (supoño que se verán as iconas correspondentes)
> >> Principal
> >>
> >> E tamén optei pola preposición "de" e non por "con", ambas válidas
> >> para concordar coas demais opcións.
> >>
> >> 100%
> >>
> >
> >  Boas,
> >
> >  Persoalmente prefiro a preposición "con" para ese caso, pero tampouco
> > teño problemas con "de", así que apoio a homoxeneidade ;-).
> >
> >  Por outra banda, o de "principal" non me convence moito. Igual me
> > trabuco, pero pensaba que esa opción se refería ó símbolo que se usará
> > para a representación dun "tabulador inicial" nunha liña (de aí
> > "leader"). A verdade é que non teño a aplicación (perdón, aplicativo
> > :-P) diante, e nunca a usei moito, así que non estou moi certo. Por
> > favor, corrixídeme.
> >
> >  Saúdos,
> >
> >  Román
> >
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list