[Tradutores-Ubuntu] Sobre a coordenación de Mozilla, OpenOffice.org e mais GNOME

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Fri Oct 23 17:34:38 BST 2009


>> Debemos
>> ser conscientes de que estamos nun proceso de cambio onde o importante é
>> asegurar a viabilidade dos proxectos a meio e longo prazo mesmo se iso
>> significa sacrificar algunha release intermedia.
>
> Non estou de acordo con sacrificar release intermedias, se se asume unha
> responsabilidade de integración dentro do proxecto, sexa ven por
> coordinación, tradución, revisión ou calquera outra tarefa afín, débese
> respectar a responsabilidade e informar debidamente a cada grupo. Noutro
> caso esa responsabilidade non se está a asumir o que impide o traballo
> do grupo.

Eu tampouco. Só estás pensando no Ubuntu cando non todos os usuarios
de Mozilla, OO.org e GNOME son de Ubuntu.

>> Por último insistir de novo en mantermos dentro rolda oficial de cada
>> proxecto as comunicacións a él referidas; as prácticas de crossposting que
>> estamos sufrindo estes días únicamente incrementan a confusión derivada do
>> proceso de desmantelamento de Mancomún ensuciando as canles de
>> comunicación colectivas.
>
> Non vexo problema de "ensuciar" as canles de comunicación, simplemente
> se informa aos correos interesados.

E non se está emporcando nada, simplemente se está comunicando a toda
a xente posible.

>> Finalmente: clarexar a quen aínda non pareceu entendelo, que a miña labor de
>> coordenación é plenamente voluntaria. Ninguén está obrigado a colaborar nos
>> proxectos que eu coordeno -polo que eu non podo esixirlle nada a ninguén-
>> igual que ninguén pode esixirmo a min, marcarme tempos ou reprocharme
>> nada alén do que de forma consensual asuma en cada un dos proxectos. Se
>> asumín esta responsabilidade é básicamente por que estando capacitado e
>> dispoñendo de tempo -vantaxes de ser un represaliado político- ninguén máis
>> se ofreceu a facelo. A porta queda aberta dende este mesmo momento, e a
>> meritocracia será a chave que poida abrila, como en calquera outro proxecto
>> de código aberto.
>
> Que eu saiba non houbo ningún proceso electivo e vale que no seu momento
> non houbo propostas pero tamén teño que recordar que no traballo diario
> dun grupo que, de forma voluntaria maioritariamente, traballa no
> open-source as decisións unilaterais non teñen cabida.

Estou de acordo con Fran. O feito de que comentes que non terás en
conta as queixas preocúpame, xa que iso é o feedback que lle indica ao
coordinador que mellore o seu traballo.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list