[Tradutores-Ubuntu] [G11n] Ofrecemento da Ciberirmandade

Felipe Gil Castiñeira xil at uvigo.es
Fri Oct 16 14:32:39 BST 2009


Boas,

Gustaríame dar a miña opinión moi brevemente.

Agora mesmo é necesario salvagardar o traballo e a información que está
nos servidores de mancomún e garantir a continuidade a aqueles
proxectos/responsabilidades que dependen deles directamente. Polo que
entendo, a Ciberirmandande e Suso xa teñen isto bastante avanzado.

Polo demais creo que podemos tomar as cousas con calma, é dicir, desde o
meu punto de vista debemos seguir traballando coma ata agora e xa con
máis tempo e consenso iniciar un debate sobre como nos debemos organizar
a medio e longo prazo, se debemos crear unha estrutura centralizada ou
se seguimos cunha estrutura distribuída (mellorando a coordinación e a
xestión da información).

Un saúdo.
    Felipe.






More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list