[Tradutores-Ubuntu] [G11n] Ofrecemento da Ciberirmandade

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Thu Oct 15 19:53:21 BST 2009


>>>> E por que imos manter a rolda g11n?
>>> E por que non? Non se demostrou abondo como unha ferramenta de
>>> coordenación e contacto excelente?
>>
>> Ter varias listas para os tradutores voluntarios é dividir á xente en
>> vez de concentrala.
>
> Nos últimos tempos, grazas á rolda g11n houbo menos división do que era
> habitual (e, coa mesma, máis coesión). Por que non seguir por ise camiño?

Eu non che son da mesma opinión. Acepto que serviu para pór en
contacto a moita xente que antes non sabia da outra, pero ao mesmo
tempo aumnentou o esforzo de comunicación ao ter que dicir o mesmo en
varias roldas.

A razón de ser da rolda de g11n creada por mancomún era pór en
contacto ás empresas, aos voluntarios e á administración, agora que
desaparece a administración xa non son tantas as partes a comunicarse.
Xa neste punto sería útil considerar que a xente pase a comunicarse
entre sí nas roldas da comunidade de voluntarios en vez de manter
outra rolda máis.

>>>> Por que un foro?
>>> E por que non? Cantas máis opciós se lle oferezcan á comunidade moito
>>> millor, non é?
>>
>> Opcións si, pero o problema da terminoloxía é que non está
>> centralizada, e os sistemas de discusións actuais teñen carencias. Un
>> foro non soluciona nada, xa que ten as mesmas carencias, ou máis
>> aínda. O lóxico sería montar un sistema como o que se propuxo no
>> G11nv2.
>
> Pois aí xa hai unha proposta... é só falar entre tod at s e decidirmos o
> máis axeitado. Millor que preguntar é propoñer, non cres?

Xa miramos o software existente. A falta de descubrir algo mellor que
o que se viu non hai nada que se axeite sen ter que realizarlle tantos
cambios que case é mellor crear un novo software de cero. Isto xa se
comentara hai meses, pero non estou seguro de todo se fora na rolda de
mancomun...

>> Para iso xa temos Launchapd, e dende aí podemos formar a aqueles
>> tradutores que desexen traducir máis en serio e non só unha cadea hoxe
>> e outra a semana que vén. Eu aprendín só practicamente, e podo
>> asegurar que ninguén me indicou como facelo, a non ser a través dos
>> documentos de "aprende a traducir" de Trasno, e non son unha mente
>> privilexiada.
>
> Pois xa estamos dacordo, non si? En todo caso, discrepo na túa visión de
> non contar cos que traducen só unha cadea cada semana (non podemos
> esquecer en que ámbito estamos e non podemos renunciar a ningunha
> posibilidade por pequena que sexa). Pero para que haxa avance, para que
> haxa acordos ten que haber visiós diferentes.

Non estou falando de renunciar a ninguén senón de telos onde poidan
causar menos destrozos. A xente que traduce unha cadea de cando en
vez, ou poucas de cando en vez que para o caso vén séndoche o mesmo,
tende a non manter unha coherencia nas traducións e a cometer erros,
sen darse conta. Por outra banda a súa colaboración é moi variable e
non se pode depender do seu traballo para moitas cousas. Podo seguir
dando explicacións sobre o tema, pero isto xa se discutiu bastante na
rolda de Launchpad e noutros sitios.

> Evidentemente (eu tampouco son xenio ningún) todo o mundo pode aprender,
> mais non é unha cuestión de capacidade senón de tempo.

Quen non ten tempo para aprender o básico tampouco pode traducir moito
nin cunha calidade mínima. E tampouco leva tanto tempo, nin ten que
aprender todo dunha vez.

>> Claro que non, quen queira traducir por libre e colaborar na expansión
>> e mellora dos recursos e ferramentas comúns que Trasno pon e porá a
>> disposición de todo o mundo sen involucrarse na asociación poderá
>> facelo. Se se quere participar na asociación evidentemente terá que
>> ser socio, ou é que vós lle deixades a outra asociación, como pode ser
>> Galicia Bilingüe, que inflúa no funcionamento da vosa asociación sen
>> ser socia da vosa asociación?
>
> A ver, estasme poñendo un exemplo extremo, e eu vouche poeñr outro co
> mesmo concepto:

Non cho nego :)

> - Maxina que Galicia Bilíngüe conseguise controlar a CIF... en ningún
> momento poderían estar tranquilos, pois hai moitas outras organizaciós
> que traballan a prol da normalización lingüística, e coas que
> colaboramos adoito. A loita a prol da língua non depende da CIF.
> - Maxina agora que Microsoft conseguise controlar Trasno... o resto é
> fácil de maxinar, non si? Todo dependería da existencia de outras
> organizaciós traballando a prol do mesmo.

Xa se fixeron os estatutos con moitas destas cousas en mente. Poderán
aportar ideas, pero non terán voto, para iso hai que ser socio.

E insisto en que o funcionamento real de Trasno e da comunidade de
voluntarios (independentes ou doutros grupos) non vai ver afectado o
seu traballo exceptuando o feito de que a asociación intentará darlles
voz e representalos se eles queren, proporcionarlles máis recursos e
ferramentas e mellorar, integrar e simplificar o xa existente, e
ademais proporcionar formación, e tamén captar novos tradutores que
poidan estar interesados (sen obriga ningunha pola súa parte para
asociarse nin a ningunha outra cousa).

>> E por outra banda en que te baseas para preguntar e afirmar o que afirmaches?
>
> Home... ti dixeches:
> - "[os estatutos] inclúen a participación de entidades externas nos
> procesos de decisión periódicos" ('periódicos' non ten un concepto de
> continuidade, senón de cousa puntual).

Por isto queria dicir as asembleas, que son periódicas e non
continuas. O día a día virá determinado polas decisións da directiva
que poderán ser modificadas ou vetadas a petición dos socios, como
supoño que pasará na CIF. Isto non quita que a opinión doutras persoas
non asociadas se poida ter en conta, sempre que se trate de cousas
públicas e non internas da asociación, como é lóxico.

> - "Por outra parte a ninguén se lle vai prohibir adherirse á asociación"
> (non sei, mais non parece o mesmo 'colaborar' en plan "free-lance" que
> 'adherirse').

E que non é o mesmo.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list