[Tradutores-Ubuntu] Erros na instalazón de Karmic Beta

Miguel Bouzada mbouzada at gmail.com
Sun Oct 4 09:22:56 BST 2009


2009/10/3 damufo <damufo at gmail.com>

> Boas:
>
> Antón Méixome escribiu:
> > Pois, coma min, supoño que por asociación con "a calculadora" = a
> > computadora. Ademais ata o 2003 polo menos a RAG tamén o poñía como
> > feminino.
> >
> > computadora s.f. Aparello electrónico cunha memoria de gran
> > capacidade, que realiza con moita rapidez operacións de cálculo,
> > clasificación, etc., para as cales está programado. Está aprendendo a
> > traballar con computadoras. SIN. ordenador. CF. cerebro.
> >
> > En todo caso as fontes normativas están entre o masculino e o feminino.
> >
> > Hoxe en día, non o podo afirmar rotundamente, supoño que por
> > harmonización co portugués (4º principio das Normas)  estase impoñendo
> > a consideración como masculino. Por que masculino, pois porque se fai
> > como noutros moitos casos cos substantivos ingleses, adoptan o
> > masculino ou o feminino segundo o xenérico que na lingua receptora
> > mellor se acomoda
> >
> > Aparello para computación > o aparello > o computador
> >
> > As vacilacións no vocabulario son normais e duran o que unha gripe.
> > Parecen graves e dan dores de cabeza pero axiña pasan e se esquecen.
> >
> >
> cd meu_cerebro
> rm computadora
> cp \rolda\computador computador
>

Corrixido en Moovida computadora(s) > computador(es)

>
>
> Listo! a partir de agora computador. ;-)
>
>
> >
> > 2009/10/2 Adrián Chaves Fernández <adriyetichaves at gmail.com>:
> >>> Boas
> >>> Eu tamén adoito empregar computadora. Non sei porque?
> >> Ídem
> >>
> >> --
> >> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> >> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >>
> >
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_minino at conf.jabberes.org


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list