[Tradutores-Ubuntu] Internet Media
damufo
damufo at gmail.com
Sat Oct 3 09:36:15 BST 2009
Boas:
Antón Méixome escribiu:
> 2009/10/2 Adrián Chaves Fernández <adriyetichaves at gmail.com>:
>>> Adrián Chaves Fernández escribiu:
>>>>>> Pois iso, suxiro: podería ser "soporte na Internet"
>>>>> eu poría interné (como carnet->carné)
>>>> Eu poría "soporte na rede" ou "soporte na internet" (stop->stop)
>>> INMO
>>> Stop->alto, parar..., outra cousa é a simbolxía internacional.
>>> Eu tendo as formas regulares, será porque teño mala memoria e éme máis
>>> doado aprender regras xerais que casos concretos. ¿?
>>> Cousas como: licenza, diferenza, graza... preferencia???? Rompemme!! =(
>> Falando de regras xerais, cústame crer que haxa máis exemplos de «-za» que de
>> «-cia». Pero certamente non o sei. Case sempre recurro ao dicionario para
>> saber en que caso estou.
>>
>
> Que va, o normal é -cia, os casos de -za son contados (un feixe pero
> fixos e que están moi documentados na historia da lingua). Quero dicir
> que se tes que crear unha palabra nova faralo con -cia e non con -za,
> este último está digamos "conxelado" - falo da Normativa oficial,
> claro-. E si, eu tamén vou ao dicionario porque o léxico patrimonial é
> casuístico.
>
> Non ten nada que ver o caso de carné (< fr. carnet, "caderno") co da
> Internet (en. Internet "inter rede" ), nin en orixe, nin na súa
> presencia entre nós. "Internet" é un nome propio, non un substantivo
> común - por iso debe escribirse con maiúscula-. No futuro seguro que
> se "normaliza" pero aínda non. O que moita xente non sabe é que
> escribir *carnet en castelán non é correcto. E que en galego tamén se
> di "balé" (< fr. ballet). Se admitimos "interné", porque non
> "internés"?...
>
Grazas pola aclaración. Así da gusto.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list