[Tradutores-Ubuntu] Erro na entrada do menú do Empathy

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Fri Oct 2 11:22:21 BST 2009


> Vaia, pois sinto contradicir. Non é un erro senón a aplicación regular
> das regras do 2003. Preferencia pola terminación -aría (fronte a
> -ería): libraría, consellaría, etc.
>
> No fondo, a cuestión é que facemos un calco lingüístico do castelán. A
> palabra non ten fixación normativa aínda nin con -ería, nin con -aría.
> A solución de "messaging" varía segundo cada lingua.
>
> Eu busquei documentar desde o punto de vista normativo e atopei que no
> DOG case sempre se emprega "mensaxaría" (electrónica ou non) .
>
> Mais cabe considerar que mensaxe (provenzal /messatge/) pola súa orixe
> é unha palabra que debería facer o substantivo abstracto como -ería,
> xa que sería de aplicación a regra da analoxía (coma nos casos de
> batería, galería, mercería, bixutería, coquetería, galantería ... )
> que non teñen posibilidade de formas en -aría. De todas maneiras o
> caso de "mensaxería/aría" podería ser considerado como palabra
> recreada, como neoloxismo seguindo o patrón de "carpintaría",
> "libraría", etc. E unha maneira de disimular a realidade de que
> obviamente procede da influencia do castelán "mensajería", que no caso
> de admitirse levaríanos necesariamente a mensaxería.
>
> É unha palabra moi nova ao punto de que en portugués non se emprega
> (prefire "mensageiro vivo" ou "instantáneo")  e en castelán nin
> sequera está recollido este uso no dicionario oficial por moi
> "estandarizada" que xa está a tradución "mensajería instantánea". A
> opción da maioría das linguas románicas é esquivar a creación do termo
> abstracto...
>
> En resumo, que hai razóns para ambas solucións, ora ben o uso máis
> "formal" tende a ser analóxico coas demais formas en -aría.

Isto é un cambio que non me gusta, pero se a RAG di que é así,
terémolo que poñer así.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list