[Tradutores-Ubuntu] Subversion
Leandro Regueiro
leandro.regueiro at gmail.com
Thu Nov 12 12:39:21 GMT 2009
> Pregunta A: Alguén está a traducir Subversion (ou algún cliente do tipo
> RapidSVN, subcommander...)? Se non hai ninguén pregunto en Trasno? Pregunto
> na lista de Subversion?
Teñen lista de tradución de Subversion? Se é así igual non era mala
idea. Tamén está o tortoiseSVN. Para isto hai que usar unha
terminoloxía algo complicada que xa se discutiu algo, e creo que se
incorporara á tradución do Anjuta, así que igual che era útil coller a
última versión desa tradución para guiarte.
> Pregunta B: RapidSVN está en universe pero non aparece na lista de paquetes para
> traducir. Quere isto dicir que na lista só están os paquetes de main? Se quero
> traducir o RapidSVN teño que poñerme en contacto coa xente que o fai? Hai que
> importar algo en Launchpad?
Isto xa non cho sei.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list