[Tradutores-Ubuntu] Dúbidas en app-install-data

Xosé Antonio Rubal López xarubal at gmail.com
Wed May 13 19:13:25 BST 2009


Ola,

Seguín traducindo algunhas entradas da app-install-data e xurdíronme
algunhas dúbidas:

- 1168: "Simple GTK2 color selector and picker". Nos glosarios
selector and picker tradúcense os dous por "selector". Algún outro
sinónimo?

- 1198: "Display disk space using tree maps", é a descrición de
Graphical Disk Map, unha utilidade que representa en cadradiños o
espazo que ocupan os directorios e arquivos. "Tree map" debe facer
referencia ao algoritmo co que se determina a disposición e tamaño dos
cadrados, non a que a representación gráfica sexa un diagrama en
árbore. Algunha suxestión de como se chama o algoritmo en galego?
Senón deixamos tree map para que se recoñeza o algoritmo...

- 1214: "peercast P2P streaming network", como estamos traducíndo streaming?

- 1320: "mapages", hai algunha tradución acuñada? Páxinas do manual?
Páxinas man?

- 1336: jukebox -> gramola?

- 1371: "A two paned file manager?" Xestor de ficheiros divido en dous
paneis? En dúas seccións?

Grazas.

-- 
Saúdos,

Xosé Antonio Rubal.



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list