[Tradutores-Ubuntu] Traducción SL
Adrián Chaves Fernández
adriyetichaves at gmail.com
Wed May 13 12:33:30 BST 2009
> Desculpade a miña ignorancia, pero sigo sin entender moi ben o asunto...
> Aínda no sei moi ben como funciona todo isto.
>
> Entón, o que se fai en LaunchPad sería traducir sobre unha distribución xa
> feita e traducir no "upstream" sería traducir, por exemplo, para que se
> poida escoller o idioma ao que traducimos cando instalamos o programa?
>
> Un saúdo.
En Launchpad, as traducións son para as aplicacións EN UBUNTU. Por exemplo, o
lector de correo do ambiente de escritorio GNOME, "Evolution", podes traducilo
en Launchpad, e a tradución aparecerá dispoñible en Ubuntu.
Porén, en lugar de facer unha tradución en Launchpad (específica para a
distribución Ubuntu), o que podes é traducir o Evolution -o método é distinto
ao usado en Launchpad, se en tres meses continúas xa se che explicará ;)- e
enviarlles a tradución aos propios desenvolvedores do Evolution, de forma que
a tradución estará dispoñible non só para Ubuntu, senón para calquera
distribución (OpenSUSE, Arch Linux, Fedora, etc.).
Para empezar, Launchpad supoño que está ben. Pero se segues traducindo un
tempo, acabarás por traducir "en condicións", descubrirás a maxia dos ficheiros
PO, etc. Ti polo de agora practica co Launchpad.
NOTA: Hai métodos de tradución similares ao de Launchpad que sirven para a
tradución xeral dos programas, pero diso non sei moito. Han saber máis os
demais.
Un saúdo!
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list