[Tradutores-Ubuntu] Traducción SL

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Wed May 13 12:28:55 BST 2009


> Desculpade a miña ignorancia, pero sigo sin entender moi ben o asunto... Aínda no sei moi ben como funciona
> todo isto.
>
> Entón, o que se fai en LaunchPad sería traducir sobre unha distribución xa feita e traducir no "upstream"
> sería traducir, por exemplo, para que se poida escoller o idioma ao que traducimos cando instalamos o programa?

A cousa vai así. Se traduces no Launchpad esas traducións só
aparecerán en *buntu (Ubuntu, Kubuntu, Xubuntu...) pero non aparecerán
en ningún outro sitio. Se traduces para "upstream" (cousa que non se
pode facer no Launchpad) o que fas é enviarlle a tradución
directamente aos desenvolvedores orixinais, ou sexa, se traduces o KDE
enviaslle a tradución a eles e despois esa tradución aparecerá en
tódalas compilacións de KDE (que activen a tradución do galego, claro)
para tódalas distribucións de Linux (incluidas as *buntu), en MacOSX e
tamén en Windows.

Isto é debido a que os do Launchpad tiveron a "boa idea" de coller as
actualizacións das traducións dos sitios orixinais dos
desenvolvedores, pero non de enviarlle as traducións que fan os
tradutores do Launchpad de volta, co que se rompe o ciclo.

Os de Fedora detectaron este problema e deseñaron un software que se
encarga das traducións e llas entrega de xeito transparente aos
desenvolvedores orixinais, co que agora xa se poden facer traducións
de múltiples proxectos nun único sitio unificado e enviarlle as
traducións aos múltiples proxectos separados, pero xa veremos se os de
Canonical espabilan. Tamén seria boa idea que se pasaran a Pootle, que
se está integrando con Transifex ademais de con moitas outras cousas,
pero xa veremos. Eu pola miña parte xa lles protestei un pouco.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list