[Tradutores-Ubuntu] Que traducir?
Miguel Bouzada
mbouzada at gmail.com
Tue May 12 07:51:01 BST 2009
2009/5/11 Xosé Antonio Rubal López <xarubal at gmail.com>
> Ola,
>
> De acordo, apúntome a esta tradución. Propón ti un rango de liñas xa
> que comezaches e sabes por onde vas e xa me poño.
Propoño que comeces na liña 1000, así imos cada un de mil en mil.
Suxiroche que antes votes unha ollada a tradución ó castelán, máis que nada
para que teñas máis claro cal é o "criterio Ubuntu" especialmente no que
atinxe a NON tradución do nome dos programas.
Outra cousa importante, ou iso creo eu, é que en moitos casos as
descripcións hai que "redactalas de novo" xa que a tradución (mais ou menos)
literal as veces deven en algo inintelixible (as veces axuda ver a web do
proxecto particular da aplicación de referencia). Tamén ter en conta cousas
como "plugin → complemento", ollo as extensions e ós complementos que as
veces liámonos :-) e tamén "widget → trebello" (ver o glosario de trasno) as
veces widget traducese tamén por "mini aplicación".
Botalle un ollo as liñas que levo traducidas (pouco máis de 100) a fin de
procurar a máxima homoxeneidade. E tomao con calma, xa que esta é unha
aplicación bastante complexa e sempre fun da idea de que mellor pouco e ben
que moito e daquela maneira...
>
> Unha cuestión engadida. No curso pasáronos as memorias de tradución de
> Gnome, Open Office, Firefox, etc pero non as gardei. Pódense baixar de
> algún sitio?
>
> Grazas.
>
> 2009/5/11 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
> > 2009/5/11 Xosé Antonio Rubal López <xarubal at gmail.com>
> >
> >> Ola,
> >>
> >> Preséntome á lista: son Xosé Antonio Rubal, subscribinme no curso de
> >> localización que se impartiu estes días na USC así que son un dos 24
> >> candidatos baixo suspeita ;-)
> >>
> >> Estiven traducindo algún arquivo (o welcome do paquete
> >> ubuntu-installation) e quería seguir facendo algunha contribuión. Non
> >> sei se no grupo tedes algunha prioridade á hora de escoller os
> >> paquetes nos que centrar esforzos ou se queredes que axude con algunha
> >> tradución en particular.
> >>
> >> Se alguén quere que lle bote unha man nalgún paquete en concreto estou
> >> disposto a axudar, senón escollerei algún do meu gusto.
> >
> >
> > Non sei que animos terás, eu comececei a traducion de :
> >
> https://translations.launchpad.net/ubuntu/jaunty/+source/app-install-data-ubuntu/+pots/app-install-data/gl/+translate?start=50
> >
> > Que é o "Engadir/Quitar" do menú. son "só" :-) 4000 liñas...
> >
> > A verdade é que vou lento, xa que son liñas compelxas, pois a maioría son
> > definicións de aplicacións e iso, as veces, non é doado, ademáis
> empreganse
> > moitas palabras "en discordia".
> >
> > Engadido a iso circunstancias personais... pero creo que é algo que
> "urxe"
> > (ou así mo parece) traducir
> >
> > Se te animas, marca unha posición (liña) para comezar e falamos por aquí
> > calquera dúbida ou consulta a glosarios. Digo de marcar unha posición
> para
> > non estar a traballar un a cabalo de outro.
> >
> > MB
> >
> >>
> >>
> >> --
> >> Saúdos,
> >>
> >> Xosé Antonio Rubal.
> >>
> >> --
> >> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> >> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >>
> >
> >
> >
> > --
> > "Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls,
> .xlsx,
> > .ppt, .pptx
> >
> > Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
> > galpon_minino at conf.jabberes.org
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >
>
>
>
> --
> Saúdos,
>
> Xosé Antonio Rubal.
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
--
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx
Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_minino at conf.jabberes.org
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list