[Tradutores-Ubuntu] Que traducir?

Miguel Bouzada mbouzada at gmail.com
Mon May 11 20:01:01 BST 2009


2009/5/11 Xosé Antonio Rubal López <xarubal at gmail.com>

> Ola,
>
> Preséntome á lista: son Xosé Antonio Rubal, subscribinme no curso de
> localización que se impartiu estes días na USC así que son un dos 24
> candidatos baixo suspeita ;-)
>
> Estiven traducindo algún arquivo (o welcome do paquete
> ubuntu-installation) e quería seguir facendo algunha contribuión. Non
> sei se no grupo tedes algunha prioridade á hora de escoller os
> paquetes nos que centrar esforzos ou se queredes que axude con algunha
> tradución en particular.
>
> Se alguén quere que lle bote unha man nalgún paquete en concreto estou
> disposto a axudar, senón escollerei algún do meu gusto.


Non sei que animos terás, eu comececei a traducion de :
https://translations.launchpad.net/ubuntu/jaunty/+source/app-install-data-ubuntu/+pots/app-install-data/gl/+translate?start=50

Que é o "Engadir/Quitar" do menú. son "só" :-) 4000 liñas...

A verdade é que vou lento, xa que son liñas compelxas, pois a maioría son
definicións de aplicacións e iso, as veces, non é doado, ademáis empreganse
moitas palabras "en discordia".

Engadido a iso circunstancias personais... pero creo que é algo que "urxe"
(ou así mo parece) traducir

Se te animas, marca unha posición (liña) para comezar e falamos por aquí
calquera dúbida ou consulta a glosarios. Digo de marcar unha posición para
non estar a traballar un a cabalo de outro.

MB

>
>
> --
> Saúdos,
>
> Xosé Antonio Rubal.
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_minino at conf.jabberes.org


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list