[Tradutores-Ubuntu] Que traducir?

Xosé Antonio Rubal López xarubal at gmail.com
Mon May 11 17:31:56 BST 2009


Ola,

Preséntome á lista: son Xosé Antonio Rubal, subscribinme no curso de
localización que se impartiu estes días na USC así que son un dos 24
candidatos baixo suspeita ;-)

Estiven traducindo algún arquivo (o welcome do paquete
ubuntu-installation) e quería seguir facendo algunha contribuión. Non
sei se no grupo tedes algunha prioridade á hora de escoller os
paquetes nos que centrar esforzos ou se queredes que axude con algunha
tradución en particular.

Se alguén quere que lle bote unha man nalgún paquete en concreto estou
disposto a axudar, senón escollerei algún do meu gusto.

-- 
Saúdos,

Xosé Antonio Rubal.



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list