[Tradutores-Ubuntu] Comezar a traducir
penedo at mail.com
penedo at mail.com
Tue Dec 22 00:00:53 GMT 2009
Ola rapaces!
Nestas semanas desde a miña última mensaxe non lle puiden dedicar moito tempo, polo que o único que fixen foi botarlle un ollo aos arquivos das listas de distribución. A verdade é que é moi interesante para alguén que empeza!
O caso é que estes días de Nadal seguramente lle poderei dedicar algo máis de tempo e gustaríame comezar a traducir. Xa estiven navegando polo Launchpad para ver como se utiliza e non o vexo complicado. Por onde debería comezar? De momento non teño preferencias, así que admito propostas e peticións...
Grazas e boas festas a todos!
Pablo.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list