[Tradutores-Ubuntu] Saúdos!

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Wed Apr 8 12:33:15 BST 2009


Ola Miguel,

Que velocidade na revisión! (así dá gusto).

En xeral estou de acordo coas túas apreciacións, pero non co tema do
guión: ao tratarse dun artigo, e acabar o verbo en -r, si que se utiliza
o guión [1] (activa-la).  Outro tema é que na nova normativa se prefire
non representar o alomorfo  (activar a).

Saúdos!
    Felipe.

[1] http://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego_-_O_gui%C3%B3n

Miguel Bouzada wrote:
> Estiven a ver esa tradución e atopo algunhas cousas estrañas
>
> Pode activa-la súa conexión premendo neste icono.
> Conforme a normativa 2003 non se emprega a separación con guión (é un erro
> recurrente) e icona é feminino
>  Pode activala súa conexión premendo nesta icona.
>
> Rede cableada
> Rede inalámbrica
> Conviuse en empregar Rede [con] fíos - Rede sen fíos
>
> Privilexios insuficientes ou error descoñecido ó recuperar os segredos da
> conexión do sistema.
> Debe ser:
> Privilexios insuficientes ou *erro* descoñecido *ao* recuperar os segredos
> da conexión do sistema.
> Tense por convención no usar as contraccións
>
> Tipo de conexión de banda ancha móbil non soportado.
>  O de soportado (é teima miña) queda bastante mal, xa que parece que non hai
> dios que o aguante, xa que ó que se refire ... prefiro "non compatible",
> "non permitido, "non aceptado" (hai unha discusión sobre o tema na lista de
> tradutores de ubuntu-es
>
> Non se puido carga-la interface de usuario para seguridade WiFi; falta
> *o*parámetro WiFi.
>
> Non se puido carga-la interface de usuario para *a* seguridade WiFi.
>
> A petición de autorización PolicyKit foi inválida.
> Citaba Jacobo Tarrio na lista de trasno:
> Un "comando inválido" é un grupo de soldados ou policíasdiscapacitados de
> élite :D
> A petición de autorización PolicyKit *non é válida*.
>
> Non se puido engadir a conexión debido a un erro descoñecido
> Non se puido *engadila* conexión debido a un erro descoñecido
>
>
> 2009/4/8 Felipe Gil Castiñeira <felipexil at gmail.com>
>
>   
>> Ola Julio. Benvido!
>>
>> Julio Pedreira Paz wrote:
>>     
>>> Boas,
>>>
>>> Tal como se di na páxina de "Ubuntu Galician
>>> Tranlators"<https://launchpad.net/%7Eubuntu-l10n-gl>,
>>> este é o meu correo de presentación. Son Julio
>>> Pedreira<https://launchpad.net/%7Ejulio.pedreira>,
>>> membro de Launchpad dende ó 2007, e membro recente de "Ubuntu BugSquad";
>>>       
>> a
>>     
>>> partires de agora, tamén me gustaría ser membro dos equipos de traducción
>>>       
>> de
>>     
>>> Ubuntu ó galego e ó castelán.
>>>
>>> Para empezar, traducín as 50 entradas que faltaban no paquete
>>> network-manager-applet<
>>>       
>> https://translations.launchpad.net/ubuntu/jaunty/+source/network-manager-applet/+pots/nm-applet/gl/+filter?person=julio.pedreira
>>     
>>> ,
>>> e que agora están pendentes de revisión.
>>>
>>> Saúdos,
>>>
>>>
>>> Julio Pedreira
>>>
>>>       
>> --
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>
>>     
>
>
>
>   




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list