[Tradutores-Ubuntu] Saúdos!

Miguel Bouzada mbouzada at gmail.com
Wed Apr 8 12:10:17 BST 2009


Estiven a ver esa tradución e atopo algunhas cousas estrañas

Pode activa-la súa conexión premendo neste icono.
Conforme a normativa 2003 non se emprega a separación con guión (é un erro
recurrente) e icona é feminino
 Pode activala súa conexión premendo nesta icona.

Rede cableada
Rede inalámbrica
Conviuse en empregar Rede [con] fíos - Rede sen fíos

Privilexios insuficientes ou error descoñecido ó recuperar os segredos da
conexión do sistema.
Debe ser:
Privilexios insuficientes ou *erro* descoñecido *ao* recuperar os segredos
da conexión do sistema.
Tense por convención no usar as contraccións

Tipo de conexión de banda ancha móbil non soportado.
 O de soportado (é teima miña) queda bastante mal, xa que parece que non hai
dios que o aguante, xa que ó que se refire ... prefiro "non compatible",
"non permitido, "non aceptado" (hai unha discusión sobre o tema na lista de
tradutores de ubuntu-es

Non se puido carga-la interface de usuario para seguridade WiFi; falta
*o*parámetro WiFi.

Non se puido carga-la interface de usuario para *a* seguridade WiFi.

A petición de autorización PolicyKit foi inválida.
Citaba Jacobo Tarrio na lista de trasno:
Un "comando inválido" é un grupo de soldados ou policíasdiscapacitados de
élite :D
A petición de autorización PolicyKit *non é válida*.

Non se puido engadir a conexión debido a un erro descoñecido
Non se puido *engadila* conexión debido a un erro descoñecido


2009/4/8 Felipe Gil Castiñeira <felipexil at gmail.com>

> Ola Julio. Benvido!
>
> Julio Pedreira Paz wrote:
> > Boas,
> >
> > Tal como se di na páxina de "Ubuntu Galician
> > Tranlators"<https://launchpad.net/%7Eubuntu-l10n-gl>,
> > este é o meu correo de presentación. Son Julio
> > Pedreira<https://launchpad.net/%7Ejulio.pedreira>,
> > membro de Launchpad dende ó 2007, e membro recente de "Ubuntu BugSquad";
> a
> > partires de agora, tamén me gustaría ser membro dos equipos de traducción
> de
> > Ubuntu ó galego e ó castelán.
> >
> > Para empezar, traducín as 50 entradas que faltaban no paquete
> > network-manager-applet<
> https://translations.launchpad.net/ubuntu/jaunty/+source/network-manager-applet/+pots/nm-applet/gl/+filter?person=julio.pedreira
> >,
> > e que agora están pendentes de revisión.
> >
> > Saúdos,
> >
> >
> > Julio Pedreira
> >
>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list