[Tradutores-Ubuntu] Cadeas intraducibles
Felipe Gil Castiñeira
felipexil at gmail.com
Tue Sep 16 12:31:49 BST 2008
Ola Adrián,
Adrián Chaves Fernández wrote:
> Sabe alguén se hai algunha forma de evitar que aparezan como non traducidas as
> cadeas de tipo "Tradutores", ou "Mails dos tradutores", que non poden ser
> traducidas e moitas veces aparecen como tal.
>
Tamén me chamou a atención, e vexo que o problema continúa existindo.
Acabo de encher un aviso de "bug" [1], así que esperemos que o
solucionen, ou que publiquen axiña o código fonte de Launchpad :-D
(recentemente Mark Shuttleworth dixo que no prazo dun ano liberarían o
código).
> E máis importante, sabe alguén se iso afecta á hora de empaquetar? (Se non
> meten un paquete porque ten cadeas sen traducir).
>
Non, non afecta.
> Bueno, iso é todo. A seguir currando! Segundo Launchpad Ubuntu está ao 50. Hai
> que chegar ao 100, e xa!
>
>
Xente con este ánimo dá gusto! :-D
Leandro, se andas por aí aínda teño pendente pasarche unha estatística
das cadeas traducidas que son exclusivamente de Ubuntu... a verdade é
que non teño fácil separar as de Ubuntu das do "upstream"... a ver se
atopo a forma.
Saúdos!
Felipe.
[1] https://bugs.launchpad.net/launchpad/+bug/270854
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list