[Tradutores-Ubuntu] Presentación

Miguel Bouzada mbouzada at gmail.com
Mon Sep 1 13:28:59 BST 2008


No noso caso sempre se lle fai unha notificación ó/ós autor/es da
dispoñibilidade da traducción.

p.ex. no caso de Rox-filer xa está en "git", mtpaint xa o ten en todalas
fontes, outros parece que non lles importa, algún, incluso, modifican o .po
e poñense eles como traductores, pero xa se sabe... esto é o que é e así o
asumimos.

A vista de que caseque todo o mundo se adica a traducir os paquetes
"importantes" e nos precisamos os máis "modestos", é a estes ós que nos
adicamos xa que acostuman ser os que precisamos, ou algúns que non incluimos
na nosa distro, pero xa que traballamos neles, aproveitamos para
localizalos.

O que sigue sin aparecer é na páxina
https://translations.launchpad.net/ubuntu/intrepid a opción de upload, así
que ainda non podo subir ningún.

MB


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list