[Tradutores-Ubuntu] "Release notes" de Ubuntu

Miguel Bouzada mbouzada at gmail.com
Wed Oct 29 09:02:54 GMT 2008


Isto son só reflexiós sobre o falado:

No caso de computador -ra debe ser por ser de aldea, pero prefiro o
feminino, pareceme máis doado.

Sobre mostrar-amosar o termo "mostrar" soame mal, prefiro amosar, neste caso
sería (si o fixera eu) "que se amosan".

Sen fíos, isto daría para unha tese, eu veño do mundo do son profesional e
ahí falase sempre de micrófonos inarámicos (por arámio) e falando de "cables
eléctricos" non se emprega o termo fio, senón cabo, xa que os fíos son os
aramiños finiños que compoñena alma do cabo. Isto é a discusión de sempre
¿quen construie o idioma?, neste caso quedome, é a miña opción persoal, co
criterio estilo María Moliner e prósimos co de que o vai construindo a xente
na fala. O dito, isto dá para unha tese de lingüistas, máis concretamente de
socio-lingüistas...

En referencia o termo vincular, vencellar, e certo que non existe o verbo,
si existe vencello como sinónimo de vinculo, de ahí o meu erro, xa que
ademáis o termo vínculo a min soame mal xa que estou afeito o termo
"vinculeiro" (fillo único, único herdeiro). De todolos xeitos (a modo de
aportación) o termo "bonded" no corpus da UNESCO, referido a traballadores,
traduceno por "forzado" a galego e a castelán e por "réduits en esclavage" ó
francés [ The Unesco Courier, setembro de 2001. Colour, nation, ethnic
hate…Why racism?.
O Correo da Unesco, outubro de 2001. Racismo: un mal sen fronteiras. Trad.
Xosé M. Gómez Clemente El Correo de la Unesco, setembro de 2001. Racismo: un
mal sin fronteras. Le Courier de l'Unesco, setembro de 2001. Couleur,
nation, ethnie, caste… Pourquoi le racisme?. ]. A súa vez (en quimica) hay
unha traducción en KDE de "unbonded" como "non enlazado" referindose a
partículas atomicas.

MB


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list