[Tradutores-Ubuntu] "Release notes" de Ubuntu
Felipe Gil Castiñeira
felipexil at gmail.com
Wed Oct 29 08:23:18 GMT 2008
Ola Miguel,
Entre que eu me deito tarde e que ti madrugas, isto vai ir moi rápido :-).
Miguel Bouzada wrote:
> Só unhas ideas:
>
> no seu computador → na súa computadora (se non estou trabucado en galego é
> feminino)
>
No glosario de Trasno e no Corpus de Mancomún usan a versión masculina
(creo que das dúas son correctas).
> Os usuarios *de de* versións
>
Corrixido
> se mostran → amosanse ??
>
Neste caso o "que se mostran" é correcto (porque o "que" anterior fai
que sexa subordinada, cambiando a colocación do pronome "se"). De
calquera xeito cambiei a redacción por outra tal vez máis clara.
> práctico proceso automático → faiseme un poco rebuscado suxiro sinxelo no
> canto de práctico
>
Estou de acordo. Cambiado.
> creados en Ubuntu 8.04 LTS e antes ?? faise incompresible (anteriores ?)
>
Tamén estou de acordo. Redacteino de novo.
> sen fíos → inarámicas ??
>
"Inarámico" non existe. Seguindo o glosario de Trasno, usei "sen fíos"
(que me parece moi acertada).
> e como consecuencia → en consecuencia ??
>
Cambiado.
> vinculada → vencellada ??
>
Non me gusta moito a tradución vinculada por "bonded", pero non atopo
outra mellor. "Vincular" é correcto... de feito busquei agora
"vencellar" e non aparece no dicionario... ¿sabe alguén se é correcta
(eu pensaba que si)?
> MB
>
Graciñas e un saúdo!
Felipe.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list