[Tradutores-Ubuntu] [G11n] Liberación de AraOS v1.0 (era Re: Ubuntu en galego)

Suso Baleato suso.baleato at xunta.es
Sun Nov 23 22:45:57 GMT 2008


Boas,

Se cadra estou adiantándome demasiado e ao final non sae nada pero por se
acaso quería comentalo xa; para o caso de que finalmente puideramos montar
esa mesa redonda, sería bó ir pensando en posíbeis participantes. Dende logo
alguén da comunidade de tradución de software libre ao galego tería que estar
presente e tras darlle unhas voltas eu quixera facer xa unha proposta: Felipe
Xil, debido ao seu rol como voluntario, tamén por que lidera o grupo de
tradución de Ubuntu e sobre todo por que estivo metido nesto do AraOS dende
o principio. Ou se él non quixera ou non puidera hai máis xente que tamén
fixo aportacións de moito valor durante a definición do AraOS como é o caso
de Xosé, que se non me equivoco tamén colabora en Trasno ou o mesmo Leandro
se non me equivoco e máis xente.

Felipe tí animaríaste a participar nela? E os demais cómo o vedes?

Saúdos,

Suso Baleato escrebeu:
> Boas a todos/as:
> 
> Escrebo pra poñervos ao tanto dos progresos acadados nos últimos meses.
> 
> - A respeito do AraOS, avisarvos que acabamos de liberar a version 1.0 para
>   Ubuntu 8.04, que resolve algúns problemas detectados na versión anterior e
>   incorpora un novo tema gráfico do que vos adianto unhos pantallazos. Aínda
>   que a nova detallada aínda a publicaremos a semana próxima, adiántovos que
>   xa están subidos os pacotes .deb ao repositorio [0], de modo que se alguén
>   quere ila probando xa ou botarlle unha vista de ollos ao código, xa pode
>   ilo facendo.
> 
> - A respeito das tres adaptacións que tiñamos encargadas (pemetic, dinamiza e
>   galinux), a primeira está en produción nas oficina de seguemento do PEGSI
>   [1] e do OGSI [2] (8 postos) e foi empregada na presentación do prototipo 
>   de intranet [3], a segunda tamén está en produción na oficina de 
>   coordenación da Rede de Dinamización [4] (11 postos) e a terceira acaba
>   de ser remasterizada [5] a semana pasada.
> 
> - En canto ao calendario de liberación destas tres adaptacions, a única
>   inminente sería a da última, xa que as dúas primeiras aínda teñen que 
>   incorporar as melloras que foi definindo a xente que as foi usando. A este
>   respeito é contarvos que estamos a traballar pra que esta liberación se
>   faga a traverso dun acto público no que trataremos de poñer sobre a mesa o
>   tema de migrar a Xunta a software libre. Para esto estamos pensando nunha
>   xornada dunha mañá que abriríamos cunha ponencia de alguén que nos fale de
>   casos de éxito de migracións masivas a software libre noutras
>   administracións públicas (seguramente Brasil e senón Alemania) demostrando
>   que técnicamente é posibel migrar a software libre a Xunta; despois
>   presentaríase a liberación propiamente dita a cargo dalgún responsabel
>   institucional da Xunta e fecharíamos o acto cunha mesa redonda ou similar 
>   na que participen representantes da comunidade galega do software libre.
>   Aínda non están fixados os detalles e todo esto está a falarse nestes días
>   así que se tendes ideas ou suxestións facédenolas chegar ao enderezo 
> 
>   eventos (en) mancomun.org 
> 
> - En canto ao AraOS para a Ubuntu 8.10, polo que estivemos vendo atopámonos
>   con que hai cambios sustanciais a respeito da 8.04, polo que estamos a
>   redefinir o calendario de traballo; en canto o teñamos perfilado xa volo
>   facemos chegar. Tamén sería nesta fase cando poderíamos comezar a pensar
>   en portar o AraOS para algunha outra distro (Debian, SuSE, RedHat, 
>   Gentoo...) de xeito que se alguén estiver interesado/a só ten que 
>   propoñerse e miramos o xeito de sincronizarmos o traballo.
> 
> Pois nada máis (e nada menos). Calquera cousa xa sabedes,
> 
> Saúdos,
> 
> --
> 
> [0] http://ftp.mancomun.org/
> [1] http://www.sociedadedainformacion.eu/
> [2] http://ogsi.sociedadedainformacion.eu/
> [3] http://www.mancomun.org/novas/iniciativas-peme/as-empresas-implantadoras-proponhen-solucions-libres-empresa-2.html
> [4] http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/
> [5] http://wiki.mancomun.org/index.php/Remasterización_da_Ubuntu_no_araOS
> 
> 
> suso.baleato at xunta.es escrebeu:
> > Boas,
> > 
> > Escrebo pra avisar que en breve liberaremos a versión final do ARAOS para  
> > Ubuntu 8.04. Dúas cousas importantes sobre esta versión e outros temas:
> > 
> > - Estamos traballando xa na 8.10. A idea sería agardar un par de semanas a
> >   que se estabilize a distro (unha vez sexa publicada) e nese tempo facer os
> >   cambios necesarios para adaptar o metapaquete á nova versión, de maneira
> >   que teñamos listo o ARAOS para 8.10 na segunda quincena de novembro. Desa
> >   maneira poderíamos actualizar esas tres adaptacións na primeira quincena de
> >   decembro (contando con que a 8.10 saia a finais de outubro).
> > 
> > - Esta versión ven de entrar en produción en dúas oficinas da Xunta, 
> >   dependentes da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da
> >   Información, da Consellaría de Innovación e Industria. Trátase da primeira
> >   implantación dunha oficina 100% software libre integrada na Rede
> >   Corporativa da Xunta de Galiza. Conseguimos superar todos os obstáculos
> >   técnicos e administrativos, e por tanto, queda demostrado _na práctica_ 
> >   que é posibel traballar en software libre no entorno da Xunta: agora
> >   tocará seguir a traballar e presionar pra que cunda o exemplo. Por nós que
> >   non quede ;-)
> > 
> > - Tal como tiñamos previsto, a idea do metapaquete está a funcionar e xa 
> >   temos tres adaptacións encargadas: unha para o prototipo de intranet
> >   para a PEME, outra para a Rede de Dinamización da Sociedade da Información 
> >   e outra xenérica para a Consellaría de Innovación e Industria que anunciou
> >   Helena Veiguela -a nosa Directora Xeral- no evento de sinatura do convenio
> >   cos GULs [1]. Respectivamente os nomes destas adaptacións do metapaquete
> >   serían: pemetic, dinamiza e galinux e presentaríanse a partires da
> >   publicación da 8.10. Calquera suxestión ao respeito agradécese.
> > 
> > - Estamos tamén ultimando a revisión das últimas versións de Firefox,
> >   OpenOffice e mais GNOME; en canto as teñamos listas xa volas facemos chegar
> >   pra integralas a través do launchpad. En canto a Firefox, veño de avisar en
> >   g11n e mozdev de que xa se pode descargar a última versión en galego (a
> >   3.0.3) [2]
> > 
> > - En canto á próxima reunión de g11n estamos a traballar pensando na primeira
> >   semana de novembro, pra aproveitar o festivo. Por suposto estades
> >   convidados a participar, por se non avisamos eiquí, estade mellor atentos
> >   na rolda de g11n, que alí faremos a convocatoria seguro. Temos previsto
> >   presentar o manual de localización e acudirá tamén Antón Méixome, o
> >   lingüísta que ven de se incorporar ao Centro de Referéncia e Servizos.
> > 
> > Pois nada mais polo momento. Apertas e saúdos pra tod at s! :-)
> > 
> > [1] http://www.mancomun.org/novas/eventos/mancomun-achegara-55.000-euros-aos-ggul-para-a-promocion-do-software-2.html
> > 
> > [2] http://gl.www.mozilla.com/gl/firefox/security/
> > 
> > 
> > suso.baleato at xunta.es escrebeu:
> > > Boas,
> > > 
> > > Veño de actualizar o wiki que puxemos a andar para descreber o que imos
> > > facendo e dese modo facilitar o traballo colaborativo e a participación
> > > no proxecto do metapaquete. 
> > > 
> > > http://wiki.mancomun.org/index.php/ARAOS-devel
> > > 
> > > Polo momento o que atoparedes serán ligazóns úteis que fomos recopilando,
> > > descrebendo procesos e ficheiros de configuración... en fin, que non se
> > > trata de 'entregar un produto xa feito e fechado' como no caso do software
> > > privativo, senón que se trata de facelo un pouco entre todos e todas,
> > > asi que o que nós fagamos queremos que sexa público dende o principio
> > > para que todo o mundo poida opinar e participar do proceso.
> > > 
> > > Botádelle un ollo; non esperedes un documento estructurado ou algo así
> > > por que é exactamente o que é: un wiki; algo caótico e creativo, que
> > > nistes momentos é o que compre para facilitar a tormenta de ideas e
> > > convertir esta posta en común nun metapaquete.deb instalabel. E por
> > > suposto se alguén se anima con descricións funcionais, documentación,
> > > manuais do desenvolvedor, FAQs e demais material, que non se corte.
> > > 
> > > Saúdos,
> > > 
> > > 
> > > suso.baleato at xunta.es escrebeu:
> > > > Xosé escrebeu:
> > > > > Olá,
> > > > > 
> > > > > O que expós está ben sintetizado, mais hai un par de comentarios que quero
> > > > > facer:
> > > > > 
> > > > > 1. Falta a referencia ao "obxectivo": Non se trata de crear "a distribución
> > > > > EN GALEGO" ou algo parecido, que faga pensar que é a única que vai en
> > > > > galego, xa que hai máis, abonda con instalar un par de paquetes de
> > > > > tradución.
> > > > 
> > > > É importante ter claro que unha cousa é o metapaquete, e outra cousa son
> > > > as personalizacións que se fagan dese metapaquete. E dende logo distro,
> > > > no seu sentido estricto, entendo que só estamos a falar dunha: Ubuntu.
> > > > 
> > > > O obxectivo que temos en Mancomún é obter un metapaquete que, aplicado a
> > > > unha Ubuntu estándar, forneza un escritório ofimático multimedia en galego
> > > > adaptado ás necesidades que estamos tendo: que esté nun galego homologado,
> > > > que poidan metérselle os logos dos que nos piden esas distros... etc.
> > > > 
> > > > Despois ise metapaquete por suposto pode empregalo quen queira para
> > > > facer a súa personalización se quere, igual que calquera pode baixarse
> > > > unha ubuntu e personalizala ao seu gusto. No noso caso ímolo empregar como
> > > > ferramenta para poder facer as personalizacións que nos pidan, e xa temos
> > > > tres encargadas: unha para a oficina técnica do PEGSI, outra para Dirección
> > > > Xeral e outra para a rede de dinamización.
> > > > 
> > > > En canto á idea de que haxa unha 'distribución' en galego... home, pois
> > > > distros en galego hai unhas cantas xa. Outra cuestión é que se consiga
> > > > que a xente acredite nunha en concreto; e iso sería o desexabel, por que
> > > > mentres non suceda iso, ímolo ter moi complicado para lograr que a xente
> > > > se tome en serio isto do linux.
> > > > 
> > > > Pola miña parte estou facendo todo o posibel para obter un apoio
> > > > institucional da Xunta neste sentido; creo que hai unha boa oportunidade
> > > > agora que se celebra o segundo aniversario de mancomún, e vou tratar de
> > > > facer todo o posibel para obter un compromiso nise sentido. Fixen unha
> > > > proposta dende o Centro de Referéncia de cara ao aniversario que non sei
> > > > si me aceptarán ou até onde, pero sí me podo comprometer a dúas cousas
> > > > se o considerades útil:
> > > > 
> > > > 1) Mantervos informados do que vaia conseguindo,
> > > > 2) Tratar que en caso de conseguilo que non sexa unha distribución
> > > >    separada, senón que sexa unha personalización do metapaquete do que
> > > >    falamos.
> > > > 3) Se o consigo, contar cómo o fixen para que o proceso poidan repetilo
> > > >    a xente de educación, os de sanidade e todos os demais.
> > > > 
> > > > > Tamén hai que evitar que no nome ou na publicidade se poda
> > > > > deducir algo parecido.
> > > > 
> > > > Se queredes que fagamos publicidade deste proxecto de metapaquete
> > > > facémola, pero non sei até que punto eso pode ter interese. O único nome
> > > > que estamos empregando nós é araOS internamente. O nome ven do pingüíno
> > > > galego, o Arao, que está en perigo de extinción. O único que queirades
> > > > que poñamos unha nova en mancomún en plan 'mancomún traballará nun
> > > > proxecto de metapaquete en coordinación coa comunidade galega de Ubuntu'
> > > > ou algo así? Igual era boa idea, aproveitando que acaba de sair a 8.04. 
> > > > Por min sen problema.
> > > > 
> > > > No que se refire ás tres personalizacións das que che falaba arriba que
> > > > eu saiba só imos darlle publicidade a dúas: a da oficina do PEGSI e á da
> > > > Dirección Xeral. A primeira vai estar orientada ás PEMEs e a segunda 
> > > > servirá de apoio para as accións de promoción do software libre, para
> > > > regalarlle aos GULs, para levar aos eventos... etc. O da rede de dinamización
> > > > non creo que teña nome nin publicidade, pero sí que vai ter uso por que
> > > > sería para os 80 locais que teñen por todo o país. En canto aos nomes
> > > > cores, logotipos, e todo o demais iso xa é cousa dos creativos e pouco
> > > > temos que dicir nós niso. Eu fixen varias propostas de nomes, e se a alguén
> > > > se lle ocurren nomes, pois admítense suxeréncias.
> > > > 
> > > > > Os destinatarios, segundo creo, non son os individuos
> > > > > coma min ou como os demais que participan nesta rolda, senón as institucións
> > > > > públicas (corrixe-me se é o caso), isto é, os servizos como bibliotecas,
> > > > > hospitais, colexios, etc.
> > > > > 
> > > > 
> > > > Os destinatarios do metapaquete son desenvolvedores que queiran empregar
> > > > ise metapaquete para personalizalo cos logotipos dos seus 'clientes' e
> > > > empregalo como mellor entendan. Por exemplo, os do sergas poden coller o
> > > > metapaquete e partir del para facerse unha ubuntu á súa medida. Ou poden
> > > > pedirnos a nós que llo fagamos. Ou poden contratar a unha empresa para 
> > > > ue llo faga. Ou poden falar cun colega e que llo faga íl...
> > > > 
> > > > No caso de mancomún, temos previsto empregar o metapaquete para xenerar
> > > > as tres personalizacións das que falaba. E ogallá que nos encarguen moitas
> > > > máis, por que será sinal de que o tema do linux funciona. Pero polo
> > > > momento os encargos que temos son ises.
> > > > 
> > > > 
> > > > > 2. Ademais do metapaquete principal haberá outros para bibliotecas,
> > > > > hospitais, colexios, etc.
> > > > > 
> > > > 
> > > > Estás seguro desto? Así, sen ter aínda o metapaquete e ver cómo funciona
> > > > é difícil de definir, eu penso que sería máis efectivo que se alguén quere
> > > > facer unha distro para colexios, que colla o metapaquete e que o adapte
> > > > directamente non? E unha vez feita a adaptación, que o suba ao repositorio
> > > > e así que o poida empregar calquera. 
> > > > 
> > > > Pero igual o do esquema metapaquete principal + metapaquete
> > > > personalizado é mais efectivo. Non sei. No que a min respeita, estou
> > > > aberto a todo tipo de suxerencias.
> > > > 
> > > > 
> > > > > Xosé
> > > > > 
> > > > > 
> > > > > 
> > > > > 
> > > > > 
> > > > > O Saturday 26 April 2008 23:20:06 suso.baleato at xunta.es escribiu:
> > > > > > Boas,
> > > > > >
> > > > > > Por sintetizar un pouco o que fomos falando nesta posta en común inicial,
> > > > > > correxídeme se me equivoco:
> > > > > >
> > > > > > - A idea é que mancomún traballe *non* nunha nova distro, senón nun
> > > > > >   metapaquete de configuración (logos, iconas, splash, colorinchos
> > > > > >   varios, unha selección de aplicacións preconfiguradas para o galego
> > > > > >   que fornezan as funcionalidades dun escritório ofimático multimedia,
> > > > > >   e os pacotes adicionais precisos para iso). Alomenos inicialmente, o
> > > > > >   metapaquete no que traballaríamos dende mancomún sería para Ubuntu,
> > > > > >   pero calquera esforzo que haxa para portalo a outras distros
> > > > > >   apoiaríamolo.
> > > > > >
> > > > > > - Como a idea é conseguir ter un escritório íntegramente en galego, en
> > > > > >   troques de traducir á nosa bola sen máis, introduciríamos os
> > > > > >   resultados das nosas traducións a través do launchpad. Eiquí xa non
> > > > > >   sei como funcionaría a cousa, se teríamos que facelo nós directamente ou
> > > > > >   darvos a vós os .po... eso xa ides dicindo. O ideal sería que a meio
> > > > > >   longo prazo, o metapaquete se reducira á selección de aplicacións e á
> > > > > >   súa configuración, xa que idealmente non faría falta traducir nada a
> > > > > >   maiores do que se meta polo launchpad.
> > > > > >
> > > > > > - O metapaquete poñeríamolo no repositorio apt de mancomún, e por
> > > > > >   suposto nos repositorios que o queiran disponibilizar.
> > > > > >
> > > > > > - Traballar na idea dun metapaquete en troques de facelo na idea dunha
> > > > > >   distro ten varias vantaxes: pode servir como base para outras
> > > > > >   customizacións, pode incluírse nos liveCD instalábeis fácilmente, pode
> > > > > >   ser portado para outras distros...
> > > > > >
> > > > > > Se non se me escapa nada e todos o temos claro, entón poderíamos dar o
> > > > > > seguinte paso que propuxestes, que sería contactar con Mark Shuttleworth
> > > > > > para mirar a posibilidade de estabelecer algún tipo de convenio,
> > > > > > sinatura ou o que conveña.
> > > > > >
> > > > > > En todo caso, con ou sen convenio con Canonical, penso que temos o máis
> > > > > > importante feito, que é estarmos dacordo en que coordenarnos pode ser
> > > > > > positivo para todos/as.
> > > > > >
> > > > > > Penso que daiquí só poden saír cousas boas; a verdade é que estou moi
> > > > > > contento con todo isto.
> > > > > >
> > > > > > Saúdos,
> > > > > >
> > > > > > damufo escrebeu:
> > > > > > > Respondo abaixo
> > > > > > >
> > > > > > > >> Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> > > > > > > >>> suso.baleato at xunta.es wrote:
> > > > > > > >>>
> > > > > > > >>> [..cortado..]
> > > > > > > >>>
> > > > > > > >>>> Así que o lóxico é: primeiro expoñervos o tema a vós e ver cómo o
> > > > > > > >>>> vedes. Se vedes ben tirar para adiante, pois veña, falamos con Mark
> > > > > > > >>>> e miramos de asinar ese convenio. Pero vaia: é importante non poñer
> > > > > > > >>>> o carro diante dos bois. De nada serviría que a Consellería de
> > > > > > > >>>> Innovación e Industria asinara algo con Canonical a través do
> > > > > Centro
> > > > > > > >>>> de Referencia e Servizos de Software Libre... se despois a
> > > > > > > >>>> comunidade galega de Ubuntu estivera en contra non? Ese tipo de
> > > > > > > >>>> situacións danse demasiado a miúdo no mundo do software libre, e
> > > > > > > >>>> penso que temos que intentar evitar os conflictos, e sempre camiñar
> > > > > > > >>>> xuntos cara obxectivos comúns.
> > > > > > > >>>
> > > > > > > >>> Non é por facer a rosca,  pero estou contento con que teñades esa
> > > > > > > >>> actitude... de feito recordo que cando empezou a funcionar Mancomún
> > > > > > > >>> había bastante suspicacia por se pasaban cousas así.
> > > > > > >  >
> > > > > > >  > damufo escrebeu:
> > > > > > >  >> Unha opinión mais.
> > > > > > >  >> En primeiro lugar pareceme moi interesante o de facer un paquete/es
> > > > > > >  >> no canto dunha distribución especifica.
> > > > > > >  >> Penso que a idea de facer o paquete para ubuntu é tamén unha gran
> > > > > > >  >> elección aínda que penso que tamén sería bo que se contemplase a
> > > > > > >  >> posibilidade de que houbesen versións dese paquete para outras
> > > > > > >  >> distribucións (debian, suse...) se houbese demanda claro.
> > > > > > >  >> Saúdos
> > > > > > >
> > > > > > > suso.baleato at xunta.es escribiu:
> > > > > > >  > Pois a verdade é que é unha idea estupenda e concordo tamén con que a
> > > > > > >  > posibilidade debe contemplarse.
> > > > > > >  >
> > > > > > >  > É importante aclarar, iso sí, que en Mancomún imos comezar
> > > > > traballando
> > > > > > >  > na versión para Ubuntu, xa que nos resultaría inviabel facelo para
> > > > > > >  > todas as distros ao mesmo tempo.
> > > > > > >  >
> > > > > > >  > E se dalgún xeito podemos apoiar que haxa o pacote para outras
> > > > > > >  > distros, pois sen problema claro.
> > > > > > >  >
> > > > > > >  > Saúdos,
> > > > > > >
> > > > > > > A iso me refería. Aínda que non fixen ningunha enquisa a min pareceme
> > > > > > > razoable comezar por ubuntu (debido ao gran tirón que está a ter), e
> > > > > > > logo se hai demanda ver a posibilidade de ampliar a outras distros.
> > > > > > > Saúdos
> > > > > > >
> > > > > > > >> --
> > > > > > > >> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > > > > > > >> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > > > > > > >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> > > > > > >
> > > > > > > --
> > > > > > > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > > > > > > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > > > > > > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> > > > > >
> > > > > > --
> > > > > > Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org
> > > > > > Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia
> > > > > > Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
> > > > > > (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>
> > > > > 
> > > > > 
> > > > > -- 
> > > > > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > > > > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > > > > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> > > > 
> > > > -- 
> > > > Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
> > > > Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
> > > > Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
> > > > (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>
> > > > 
> > > > -- 
> > > > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > > > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > > > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> > > 
> > > -- 
> > > Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
> > > Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
> > > Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
> > > (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>
> > > _______________________________________________
> > > G11n mailing list
> > > G11n at mancomun.org
> > > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> > 
> > -- 
> > Xesús Manuel Benítez Baleato                                  Coordenador
> > Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
> > Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
> > Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   <suso.baleato @ mancomun.org>
> > 
> > -- 
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> 
> -- 
> Xesús Manuel Benítez Baleato                                  Coordenador
> Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
> Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
> Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   <suso.baleato @ mancomun.org>
> 



> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n at mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n


-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                                  Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   <suso.baleato @ mancomun.org>




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list