[Tradutores-Ubuntu] Liberación de AraOS v1.0 (era Re: Ubuntu en galego)
Suso Baleato
suso.baleato at xunta.es
Sat Nov 22 19:46:48 GMT 2008
Boas a todos/as:
Escrebo pra poñervos ao tanto dos progresos acadados nos últimos meses.
- A respeito do AraOS, avisarvos que acabamos de liberar a version 1.0 para
Ubuntu 8.04, que resolve algúns problemas detectados na versión anterior e
incorpora un novo tema gráfico do que vos adianto unhos pantallazos. Aínda
que a nova detallada aínda a publicaremos a semana próxima, adiántovos que
xa están subidos os pacotes .deb ao repositorio [0], de modo que se alguén
quere ila probando xa ou botarlle unha vista de ollos ao código, xa pode
ilo facendo.
- A respeito das tres adaptacións que tiñamos encargadas (pemetic, dinamiza e
galinux), a primeira está en produción nas oficina de seguemento do PEGSI
[1] e do OGSI [2] (8 postos) e foi empregada na presentación do prototipo
de intranet [3], a segunda tamén está en produción na oficina de
coordenación da Rede de Dinamización [4] (11 postos) e a terceira acaba
de ser remasterizada [5] a semana pasada.
- En canto ao calendario de liberación destas tres adaptacions, a única
inminente sería a da última, xa que as dúas primeiras aínda teñen que
incorporar as melloras que foi definindo a xente que as foi usando. A este
respeito é contarvos que estamos a traballar pra que esta liberación se
faga a traverso dun acto público no que trataremos de poñer sobre a mesa o
tema de migrar a Xunta a software libre. Para esto estamos pensando nunha
xornada dunha mañá que abriríamos cunha ponencia de alguén que nos fale de
casos de éxito de migracións masivas a software libre noutras
administracións públicas (seguramente Brasil e senón Alemania) demostrando
que técnicamente é posibel migrar a software libre a Xunta; despois
presentaríase a liberación propiamente dita a cargo dalgún responsabel
institucional da Xunta e fecharíamos o acto cunha mesa redonda ou similar
na que participen representantes da comunidade galega do software libre.
Aínda non están fixados os detalles e todo esto está a falarse nestes días
así que se tendes ideas ou suxestións facédenolas chegar ao enderezo
eventos (en) mancomun.org
- En canto ao AraOS para a Ubuntu 8.10, polo que estivemos vendo atopámonos
con que hai cambios sustanciais a respeito da 8.04, polo que estamos a
redefinir o calendario de traballo; en canto o teñamos perfilado xa volo
facemos chegar. Tamén sería nesta fase cando poderíamos comezar a pensar
en portar o AraOS para algunha outra distro (Debian, SuSE, RedHat,
Gentoo...) de xeito que se alguén estiver interesado/a só ten que
propoñerse e miramos o xeito de sincronizarmos o traballo.
Pois nada máis (e nada menos). Calquera cousa xa sabedes,
Saúdos,
--
[0] http://ftp.mancomun.org/
[1] http://www.sociedadedainformacion.eu/
[2] http://ogsi.sociedadedainformacion.eu/
[3] http://www.mancomun.org/novas/iniciativas-peme/as-empresas-implantadoras-proponhen-solucions-libres-empresa-2.html
[4] http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/
[5] http://wiki.mancomun.org/index.php/Remasterización_da_Ubuntu_no_araOS
suso.baleato at xunta.es escrebeu:
> Boas,
>
> Escrebo pra avisar que en breve liberaremos a versión final do ARAOS para
> Ubuntu 8.04. Dúas cousas importantes sobre esta versión e outros temas:
>
> - Estamos traballando xa na 8.10. A idea sería agardar un par de semanas a
> que se estabilize a distro (unha vez sexa publicada) e nese tempo facer os
> cambios necesarios para adaptar o metapaquete á nova versión, de maneira
> que teñamos listo o ARAOS para 8.10 na segunda quincena de novembro. Desa
> maneira poderíamos actualizar esas tres adaptacións na primeira quincena de
> decembro (contando con que a 8.10 saia a finais de outubro).
>
> - Esta versión ven de entrar en produción en dúas oficinas da Xunta,
> dependentes da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da
> Información, da Consellaría de Innovación e Industria. Trátase da primeira
> implantación dunha oficina 100% software libre integrada na Rede
> Corporativa da Xunta de Galiza. Conseguimos superar todos os obstáculos
> técnicos e administrativos, e por tanto, queda demostrado _na práctica_
> que é posibel traballar en software libre no entorno da Xunta: agora
> tocará seguir a traballar e presionar pra que cunda o exemplo. Por nós que
> non quede ;-)
>
> - Tal como tiñamos previsto, a idea do metapaquete está a funcionar e xa
> temos tres adaptacións encargadas: unha para o prototipo de intranet
> para a PEME, outra para a Rede de Dinamización da Sociedade da Información
> e outra xenérica para a Consellaría de Innovación e Industria que anunciou
> Helena Veiguela -a nosa Directora Xeral- no evento de sinatura do convenio
> cos GULs [1]. Respectivamente os nomes destas adaptacións do metapaquete
> serían: pemetic, dinamiza e galinux e presentaríanse a partires da
> publicación da 8.10. Calquera suxestión ao respeito agradécese.
>
> - Estamos tamén ultimando a revisión das últimas versións de Firefox,
> OpenOffice e mais GNOME; en canto as teñamos listas xa volas facemos chegar
> pra integralas a través do launchpad. En canto a Firefox, veño de avisar en
> g11n e mozdev de que xa se pode descargar a última versión en galego (a
> 3.0.3) [2]
>
> - En canto á próxima reunión de g11n estamos a traballar pensando na primeira
> semana de novembro, pra aproveitar o festivo. Por suposto estades
> convidados a participar, por se non avisamos eiquí, estade mellor atentos
> na rolda de g11n, que alí faremos a convocatoria seguro. Temos previsto
> presentar o manual de localización e acudirá tamén Antón Méixome, o
> lingüísta que ven de se incorporar ao Centro de Referéncia e Servizos.
>
> Pois nada mais polo momento. Apertas e saúdos pra tod at s! :-)
>
> [1] http://www.mancomun.org/novas/eventos/mancomun-achegara-55.000-euros-aos-ggul-para-a-promocion-do-software-2.html
>
> [2] http://gl.www.mozilla.com/gl/firefox/security/
>
>
> suso.baleato at xunta.es escrebeu:
> > Boas,
> >
> > Veño de actualizar o wiki que puxemos a andar para descreber o que imos
> > facendo e dese modo facilitar o traballo colaborativo e a participación
> > no proxecto do metapaquete.
> >
> > http://wiki.mancomun.org/index.php/ARAOS-devel
> >
> > Polo momento o que atoparedes serán ligazóns úteis que fomos recopilando,
> > descrebendo procesos e ficheiros de configuración... en fin, que non se
> > trata de 'entregar un produto xa feito e fechado' como no caso do software
> > privativo, senón que se trata de facelo un pouco entre todos e todas,
> > asi que o que nós fagamos queremos que sexa público dende o principio
> > para que todo o mundo poida opinar e participar do proceso.
> >
> > Botádelle un ollo; non esperedes un documento estructurado ou algo asÃ
> > por que é exactamente o que é: un wiki; algo caótico e creativo, que
> > nistes momentos é o que compre para facilitar a tormenta de ideas e
> > convertir esta posta en común nun metapaquete.deb instalabel. E por
> > suposto se alguén se anima con descricións funcionais, documentación,
> > manuais do desenvolvedor, FAQs e demais material, que non se corte.
> >
> > Saúdos,
> >
> >
> > suso.baleato at xunta.es escrebeu:
> > > Xosé escrebeu:
> > > > Olá,
> > > >
> > > > O que expós está ben sintetizado, mais hai un par de comentarios que quero
> > > > facer:
> > > >
> > > > 1. Falta a referencia ao "obxectivo": Non se trata de crear "a distribución
> > > > EN GALEGO" ou algo parecido, que faga pensar que é a única que vai en
> > > > galego, xa que hai máis, abonda con instalar un par de paquetes de
> > > > tradución.
> > >
> > > à importante ter claro que unha cousa é o metapaquete, e outra cousa son
> > > as personalizacións que se fagan dese metapaquete. E dende logo distro,
> > > no seu sentido estricto, entendo que só estamos a falar dunha: Ubuntu.
> > >
> > > O obxectivo que temos en Mancomún é obter un metapaquete que, aplicado a
> > > unha Ubuntu estándar, forneza un escritório ofimático multimedia en galego
> > > adaptado ás necesidades que estamos tendo: que esté nun galego homologado,
> > > que poidan metérselle os logos dos que nos piden esas distros... etc.
> > >
> > > Despois ise metapaquete por suposto pode empregalo quen queira para
> > > facer a súa personalización se quere, igual que calquera pode baixarse
> > > unha ubuntu e personalizala ao seu gusto. No noso caso Ãmolo empregar como
> > > ferramenta para poder facer as personalizacións que nos pidan, e xa temos
> > > tres encargadas: unha para a oficina técnica do PEGSI, outra para Dirección
> > > Xeral e outra para a rede de dinamización.
> > >
> > > En canto á idea de que haxa unha 'distribución' en galego... home, pois
> > > distros en galego hai unhas cantas xa. Outra cuestión é que se consiga
> > > que a xente acredite nunha en concreto; e iso serÃa o desexabel, por que
> > > mentres non suceda iso, Ãmolo ter moi complicado para lograr que a xente
> > > se tome en serio isto do linux.
> > >
> > > Pola miña parte estou facendo todo o posibel para obter un apoio
> > > institucional da Xunta neste sentido; creo que hai unha boa oportunidade
> > > agora que se celebra o segundo aniversario de mancomún, e vou tratar de
> > > facer todo o posibel para obter un compromiso nise sentido. Fixen unha
> > > proposta dende o Centro de Referéncia de cara ao aniversario que non sei
> > > si me aceptarán ou até onde, pero sà me podo comprometer a dúas cousas
> > > se o considerades útil:
> > >
> > > 1) Mantervos informados do que vaia conseguindo,
> > > 2) Tratar que en caso de conseguilo que non sexa unha distribución
> > > separada, senón que sexa unha personalización do metapaquete do que
> > > falamos.
> > > 3) Se o consigo, contar cómo o fixen para que o proceso poidan repetilo
> > > a xente de educación, os de sanidade e todos os demais.
> > >
> > > > Tamén hai que evitar que no nome ou na publicidade se poda
> > > > deducir algo parecido.
> > >
> > > Se queredes que fagamos publicidade deste proxecto de metapaquete
> > > facémola, pero non sei até que punto eso pode ter interese. O único nome
> > > que estamos empregando nós é araOS internamente. O nome ven do pingüÃno
> > > galego, o Arao, que está en perigo de extinción. O único que queirades
> > > que poñamos unha nova en mancomún en plan 'mancomún traballará nun
> > > proxecto de metapaquete en coordinación coa comunidade galega de Ubuntu'
> > > ou algo asÃ? Igual era boa idea, aproveitando que acaba de sair a 8.04.
> > > Por min sen problema.
> > >
> > > No que se refire ás tres personalizacións das que che falaba arriba que
> > > eu saiba só imos darlle publicidade a dúas: a da oficina do PEGSI e á da
> > > Dirección Xeral. A primeira vai estar orientada ás PEMEs e a segunda
> > > servirá de apoio para as accións de promoción do software libre, para
> > > regalarlle aos GULs, para levar aos eventos... etc. O da rede de dinamización
> > > non creo que teña nome nin publicidade, pero sà que vai ter uso por que
> > > serÃa para os 80 locais que teñen por todo o paÃs. En canto aos nomes
> > > cores, logotipos, e todo o demais iso xa é cousa dos creativos e pouco
> > > temos que dicir nós niso. Eu fixen varias propostas de nomes, e se a alguén
> > > se lle ocurren nomes, pois admÃtense suxeréncias.
> > >
> > > > Os destinatarios, segundo creo, non son os individuos
> > > > coma min ou como os demais que participan nesta rolda, senón as institucións
> > > > públicas (corrixe-me se é o caso), isto é, os servizos como bibliotecas,
> > > > hospitais, colexios, etc.
> > > >
> > >
> > > Os destinatarios do metapaquete son desenvolvedores que queiran empregar
> > > ise metapaquete para personalizalo cos logotipos dos seus 'clientes' e
> > > empregalo como mellor entendan. Por exemplo, os do sergas poden coller o
> > > metapaquete e partir del para facerse unha ubuntu á súa medida. Ou poden
> > > pedirnos a nós que llo fagamos. Ou poden contratar a unha empresa para
> > > ue llo faga. Ou poden falar cun colega e que llo faga Ãl...
> > >
> > > No caso de mancomún, temos previsto empregar o metapaquete para xenerar
> > > as tres personalizacións das que falaba. E ogallá que nos encarguen moitas
> > > máis, por que será sinal de que o tema do linux funciona. Pero polo
> > > momento os encargos que temos son ises.
> > >
> > >
> > > > 2. Ademais do metapaquete principal haberá outros para bibliotecas,
> > > > hospitais, colexios, etc.
> > > >
> > >
> > > Estás seguro desto? AsÃ, sen ter aÃnda o metapaquete e ver cómo funciona
> > > é difÃcil de definir, eu penso que serÃa máis efectivo que se alguén quere
> > > facer unha distro para colexios, que colla o metapaquete e que o adapte
> > > directamente non? E unha vez feita a adaptación, que o suba ao repositorio
> > > e asà que o poida empregar calquera.
> > >
> > > Pero igual o do esquema metapaquete principal + metapaquete
> > > personalizado é mais efectivo. Non sei. No que a min respeita, estou
> > > aberto a todo tipo de suxerencias.
> > >
> > >
> > > > Xosé
> > > >
> > > >
> > > >
> > > >
> > > >
> > > > O Saturday 26 April 2008 23:20:06 suso.baleato at xunta.es escribiu:
> > > > > Boas,
> > > > >
> > > > > Por sintetizar un pouco o que fomos falando nesta posta en común inicial,
> > > > > correxÃdeme se me equivoco:
> > > > >
> > > > > - A idea é que mancomún traballe *non* nunha nova distro, senón nun
> > > > > metapaquete de configuración (logos, iconas, splash, colorinchos
> > > > > varios, unha selección de aplicacións preconfiguradas para o galego
> > > > > que fornezan as funcionalidades dun escritório ofimático multimedia,
> > > > > e os pacotes adicionais precisos para iso). Alomenos inicialmente, o
> > > > > metapaquete no que traballarÃamos dende mancomún serÃa para Ubuntu,
> > > > > pero calquera esforzo que haxa para portalo a outras distros
> > > > > apoiarÃamolo.
> > > > >
> > > > > - Como a idea é conseguir ter un escritório Ãntegramente en galego, en
> > > > > troques de traducir á nosa bola sen máis, introducirÃamos os
> > > > > resultados das nosas traducións a través do launchpad. Eiquà xa non
> > > > > sei como funcionarÃa a cousa, se terÃamos que facelo nós directamente ou
> > > > > darvos a vós os .po... eso xa ides dicindo. O ideal serÃa que a meio
> > > > > longo prazo, o metapaquete se reducira á selección de aplicacións e á
> > > > > súa configuración, xa que idealmente non farÃa falta traducir nada a
> > > > > maiores do que se meta polo launchpad.
> > > > >
> > > > > - O metapaquete poñerÃamolo no repositorio apt de mancomún, e por
> > > > > suposto nos repositorios que o queiran disponibilizar.
> > > > >
> > > > > - Traballar na idea dun metapaquete en troques de facelo na idea dunha
> > > > > distro ten varias vantaxes: pode servir como base para outras
> > > > > customizacións, pode incluÃrse nos liveCD instalábeis fácilmente, pode
> > > > > ser portado para outras distros...
> > > > >
> > > > > Se non se me escapa nada e todos o temos claro, entón poderÃamos dar o
> > > > > seguinte paso que propuxestes, que serÃa contactar con Mark Shuttleworth
> > > > > para mirar a posibilidade de estabelecer algún tipo de convenio,
> > > > > sinatura ou o que conveña.
> > > > >
> > > > > En todo caso, con ou sen convenio con Canonical, penso que temos o máis
> > > > > importante feito, que é estarmos dacordo en que coordenarnos pode ser
> > > > > positivo para todos/as.
> > > > >
> > > > > Penso que daiquà só poden saÃr cousas boas; a verdade é que estou moi
> > > > > contento con todo isto.
> > > > >
> > > > > Saúdos,
> > > > >
> > > > > damufo escrebeu:
> > > > > > Respondo abaixo
> > > > > >
> > > > > > >> Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> > > > > > >>> suso.baleato at xunta.es wrote:
> > > > > > >>>
> > > > > > >>> [..cortado..]
> > > > > > >>>
> > > > > > >>>> Asà que o lóxico é: primeiro expoñervos o tema a vós e ver cómo o
> > > > > > >>>> vedes. Se vedes ben tirar para adiante, pois veña, falamos con Mark
> > > > > > >>>> e miramos de asinar ese convenio. Pero vaia: é importante non poñer
> > > > > > >>>> o carro diante dos bois. De nada servirÃa que a ConsellerÃa de
> > > > > > >>>> Innovación e Industria asinara algo con Canonical a través do
> > > > Centro
> > > > > > >>>> de Referencia e Servizos de Software Libre... se despois a
> > > > > > >>>> comunidade galega de Ubuntu estivera en contra non? Ese tipo de
> > > > > > >>>> situacións danse demasiado a miúdo no mundo do software libre, e
> > > > > > >>>> penso que temos que intentar evitar os conflictos, e sempre camiñar
> > > > > > >>>> xuntos cara obxectivos comúns.
> > > > > > >>>
> > > > > > >>> Non é por facer a rosca, pero estou contento con que teñades esa
> > > > > > >>> actitude... de feito recordo que cando empezou a funcionar Mancomún
> > > > > > >>> habÃa bastante suspicacia por se pasaban cousas asÃ.
> > > > > > >
> > > > > > > damufo escrebeu:
> > > > > > >> Unha opinión mais.
> > > > > > >> En primeiro lugar pareceme moi interesante o de facer un paquete/es
> > > > > > >> no canto dunha distribución especifica.
> > > > > > >> Penso que a idea de facer o paquete para ubuntu é tamén unha gran
> > > > > > >> elección aÃnda que penso que tamén serÃa bo que se contemplase a
> > > > > > >> posibilidade de que houbesen versións dese paquete para outras
> > > > > > >> distribucións (debian, suse...) se houbese demanda claro.
> > > > > > >> Saúdos
> > > > > >
> > > > > > suso.baleato at xunta.es escribiu:
> > > > > > > Pois a verdade é que é unha idea estupenda e concordo tamén con que a
> > > > > > > posibilidade debe contemplarse.
> > > > > > >
> > > > > > > à importante aclarar, iso sÃ, que en Mancomún imos comezar
> > > > traballando
> > > > > > > na versión para Ubuntu, xa que nos resultarÃa inviabel facelo para
> > > > > > > todas as distros ao mesmo tempo.
> > > > > > >
> > > > > > > E se dalgún xeito podemos apoiar que haxa o pacote para outras
> > > > > > > distros, pois sen problema claro.
> > > > > > >
> > > > > > > Saúdos,
> > > > > >
> > > > > > A iso me referÃa. AÃnda que non fixen ningunha enquisa a min pareceme
> > > > > > razoable comezar por ubuntu (debido ao gran tirón que está a ter), e
> > > > > > logo se hai demanda ver a posibilidade de ampliar a outras distros.
> > > > > > Saúdos
> > > > > >
> > > > > > >> --
> > > > > > >> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > > > > > >> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > > > > > >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> > > > > >
> > > > > > --
> > > > > > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > > > > > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > > > > > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> > > > >
> > > > > --
> > > > > Xesús Manuel BenÃtez Baleato Coordenador de mancomun.org
> > > > > ConsellarÃa de Innovación e Industria Xunta de Galicia
> > > > > Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza)
> > > > > (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113 <suso.baleato @ xunta.es>
> > > >
> > > >
> > > > --
> > > > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > > > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > > > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> > >
> > > --
> > > Xesús Manuel BenÃtez Baleato Coordenador de mancomun.org
> > > ConsellarÃa de Innovación e Industria Xunta de Galicia
> > > Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza)
> > > (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113 <suso.baleato @ xunta.es>
> > >
> > > --
> > > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >
> > --
> > Xesús Manuel BenÃtez Baleato Coordenador de mancomun.org
> > ConsellarÃa de Innovación e Industria Xunta de Galicia
> > Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza)
> > (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113 <suso.baleato @ xunta.es>
> > _______________________________________________
> > G11n mailing list
> > G11n at mancomun.org
> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
> --
> Xesús Manuel Benítez Baleato Coordenador
> Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
> Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
> Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113 <suso.baleato @ mancomun.org>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
--
Xesús Manuel Benítez Baleato Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113 <suso.baleato @ mancomun.org>
-------------- next part --------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: araos_desktop.jpeg
Type: image/jpeg
Size: 76895 bytes
Desc: not available
Url : https://lists.ubuntu.com/archives/ubuntu-l10n-gl/attachments/20081122/a04a7d88/attachment-0002.jpeg
-------------- next part --------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: araos_gdm.jpeg
Type: image/jpeg
Size: 42462 bytes
Desc: not available
Url : https://lists.ubuntu.com/archives/ubuntu-l10n-gl/attachments/20081122/a04a7d88/attachment-0003.jpeg
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list