[Tradutores-Ubuntu] IRC, foro, webs, documentación... en galego

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Wed Mar 19 11:18:41 GMT 2008


Festor wrote:
> Unha pregunta.... como vai o tema disto?
>
> Gustaríame moito fundar una comunidade/portal estilo ubuntu-es (refírome a
> súa organización, foros, wiki, etc..) pero para a nosa lingua :D
>
> En canto o tema do IRC... no sei se xa temos algún...
>   
Ola Festor,

O que queres montar é un "LoCo Team" (non sei se o nome o escolleron
adrede ;) ). Hai un Howto en https://wiki.ubuntu.com/LoCoTeamHowto. 

En principio pódense usar os "wikis" de Ubuntu como páxina para o
equipo, pero se queremos un dominio propio podo iniciar as xestións coa
Universidade de Vigo e con Galpón (ou máis grupos, pero eles son os que
teño máis cerca :) )

O mellor é que sigas o Howto e nos digas en que precisas axuda para
organizarnos. ¿Alguén máis que se apunte?

Saúdos e boas pascuas!
    Felipe.





More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list