[Tradutores-Ubuntu] Sincronización con "upstream"

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Mon Mar 10 10:29:28 GMT 2008


Ola!

Púxose en contacto comigo Ignacio Casal Quintero porque actualizou as
traducións de Gnome, Epiphany e Rhythmbox, para ver se lles podíamos dar
prioridade ás traducións que ten feitas. Non atopei a forma de facelo
automaticamente, así que é necesario baixar cada ficheiro ".po" da
páxina de gnome [1] ou [2], realizar a mistura coas traducións propias,
e subilos manualmente.

Necesito a vosa axuda: a aproximación é que cada un se faga cargo dos
paquetes de Gnome que teña traducido. Para evitar problemas, mandade un
correo indicando de que paquetes vos ides encargar.

Por outro lado, teño a impresión de que este grupo se está esmorecendo.
Gustaríame saber quen segue traballando de forma activa, e tamén oír
propostas para "darlle un pouco de vida"!.

Grazas a tod at s e un saúdo!

    Felipe.

[1] http://l10n.gnome.org/languages/gl/gnome-2-22
[2] http://l10n.gnome.org/module/



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list