[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego
Felipe Gil Castiñeira
felipexil at gmail.com
Mon Apr 28 10:45:04 BST 2008
Ola,
Vou respondendo polo medio...
suso.baleato at xunta.es wrote:
> Boas,
>
> Por sintetizar un pouco o que fomos falando nesta posta en común inicial,
> correxídeme se me equivoco:
>
> - A idea é que mancomún traballe *non* nunha nova distro, senón nun
> metapaquete de configuración (logos, iconas, splash, colorinchos
> varios, unha selección de aplicacións preconfiguradas para o galego
> que fornezan as funcionalidades dun escritório ofimático multimedia,
> e os pacotes adicionais precisos para iso). Alomenos inicialmente, o
> metapaquete no que traballaríamos dende mancomún sería para Ubuntu,
> pero calquera esforzo que haxa para portalo a outras distros
> apoiaríamolo.
>
Como comentara, paréceme unha moi boa idea.
> - Como a idea é conseguir ter un escritório íntegramente en galego, en
> troques de traducir á nosa bola sen máis, introduciríamos os
> resultados das nosas traducións a través do launchpad. Eiquí xa non
> sei como funcionaría a cousa, se teríamos que facelo nós directamente ou
> darvos a vós os .po... eso xa ides dicindo. O ideal sería que a meio
> longo prazo, o metapaquete se reducira á selección de aplicacións e á
> súa configuración, xa que idealmente non faría falta traducir nada a
> maiores do que se meta polo launchpad.
>
O ideal é que sigades o mesmo camiño que ata agora, é dicir, que lles
fagades chegar as traducións revisadas aos desenvolvedores de cada
aplicación. Se ao mesmo tempo as subides a Launchpad (ou se o preferides
nolas pasades), aceleraremos a súa entrada en Ubuntu e en consecuencia
na(s) personalización(s) que estades facendo.
> - O metapaquete poñeríamolo no repositorio apt de mancomún, e por
> suposto nos repositorios que o queiran disponibilizar.
>
Se asinades algo con Canonical, estaría ben que acordásedes telo tamén
nos repositorios oficiais de Ubuntu.
> - Traballar na idea dun metapaquete en troques de facelo na idea dunha
> distro ten varias vantaxes: pode servir como base para outras
> customizacións, pode incluírse nos liveCD instalábeis fácilmente, pode
> ser portado para outras distros...
>
> Se non se me escapa nada e todos o temos claro, entón poderíamos dar o
> seguinte paso que propuxestes, que sería contactar con Mark Shuttleworth
> para mirar a posibilidade de estabelecer algún tipo de convenio,
> sinatura ou o que conveña.
>
> En todo caso, con ou sen convenio con Canonical, penso que temos o máis
> importante feito, que é estarmos dacordo en que coordenarnos pode ser
> positivo para todos/as.
>
> Penso que daiquí só poden saír cousas boas; a verdade é que estou moi
> contento con todo isto.
>
> Saúdos,
>
Adiante!, eu creo que con isto imos gañar todos.
E xa postos a propoñer... por aquí estivérase falando de crear un "LoCo
Team" [1], pero temo que ninguén ten o tempo suficiente (por favor, se
me equivoco corrixídeme!). ¿Estaríades dispostos a crear un? Podería ser
directamente o espazo para o soporte do voso metapaquete.
Un saúdo!
Felipe.
[1] https://wiki.ubuntu.com/LoCoTeamList
https://wiki.ubuntu.com/LoCoTeams
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list