[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego

suso.baleato at xunta.es suso.baleato at xunta.es
Sun Apr 27 21:33:56 BST 2008


Xosé escrebeu:
> Olá,
> 
> O que expós está ben sintetizado, mais hai un par de comentarios que quero
> facer:
> 
> 1. Falta a referencia ao "obxectivo": Non se trata de crear "a distribución
> EN GALEGO" ou algo parecido, que faga pensar que é a única que vai en
> galego, xa que hai máis, abonda con instalar un par de paquetes de
> tradución.

É importante ter claro que unha cousa é o metapaquete, e outra cousa son
as personalizacións que se fagan dese metapaquete. E dende logo distro,
no seu sentido estricto, entendo que só estamos a falar dunha: Ubuntu.

O obxectivo que temos en Mancomún é obter un metapaquete que, aplicado a
unha Ubuntu estándar, forneza un escritório ofimático multimedia en galego
adaptado ás necesidades que estamos tendo: que esté nun galego homologado,
que poidan metérselle os logos dos que nos piden esas distros... etc.

Despois ise metapaquete por suposto pode empregalo quen queira para
facer a súa personalización se quere, igual que calquera pode baixarse
unha ubuntu e personalizala ao seu gusto. No noso caso ímolo empregar como
ferramenta para poder facer as personalizacións que nos pidan, e xa temos
tres encargadas: unha para a oficina técnica do PEGSI, outra para Dirección
Xeral e outra para a rede de dinamización.

En canto á idea de que haxa unha 'distribución' en galego... home, pois
distros en galego hai unhas cantas xa. Outra cuestión é que se consiga
que a xente acredite nunha en concreto; e iso sería o desexabel, por que
mentres non suceda iso, ímolo ter moi complicado para lograr que a xente
se tome en serio isto do linux.

Pola miña parte estou facendo todo o posibel para obter un apoio
institucional da Xunta neste sentido; creo que hai unha boa oportunidade
agora que se celebra o segundo aniversario de mancomún, e vou tratar de
facer todo o posibel para obter un compromiso nise sentido. Fixen unha
proposta dende o Centro de Referéncia de cara ao aniversario que non sei
si me aceptarán ou até onde, pero sí me podo comprometer a dúas cousas
se o considerades útil:

1) Mantervos informados do que vaia conseguindo,
2) Tratar que en caso de conseguilo que non sexa unha distribución
   separada, senón que sexa unha personalización do metapaquete do que
   falamos.
3) Se o consigo, contar cómo o fixen para que o proceso poidan repetilo
   a xente de educación, os de sanidade e todos os demais.

> Tamén hai que evitar que no nome ou na publicidade se poda
> deducir algo parecido.

Se queredes que fagamos publicidade deste proxecto de metapaquete
facémola, pero non sei até que punto eso pode ter interese. O único nome
que estamos empregando nós é araOS internamente. O nome ven do pingüíno
galego, o Arao, que está en perigo de extinción. O único que queirades
que poñamos unha nova en mancomún en plan 'mancomún traballará nun
proxecto de metapaquete en coordinación coa comunidade galega de Ubuntu'
ou algo así? Igual era boa idea, aproveitando que acaba de sair a 8.04. 
Por min sen problema.

No que se refire ás tres personalizacións das que che falaba arriba que
eu saiba só imos darlle publicidade a dúas: a da oficina do PEGSI e á da
Dirección Xeral. A primeira vai estar orientada ás PEMEs e a segunda 
servirá de apoio para as accións de promoción do software libre, para
regalarlle aos GULs, para levar aos eventos... etc. O da rede de dinamización
non creo que teña nome nin publicidade, pero sí que vai ter uso por que
sería para os 80 locais que teñen por todo o país. En canto aos nomes
cores, logotipos, e todo o demais iso xa é cousa dos creativos e pouco
temos que dicir nós niso. Eu fixen varias propostas de nomes, e se a alguén
se lle ocurren nomes, pois admítense suxeréncias.

> Os destinatarios, segundo creo, non son os individuos
> coma min ou como os demais que participan nesta rolda, senón as institucións
> públicas (corrixe-me se é o caso), isto é, os servizos como bibliotecas,
> hospitais, colexios, etc.
> 

Os destinatarios do metapaquete son desenvolvedores que queiran empregar
ise metapaquete para personalizalo cos logotipos dos seus 'clientes' e
empregalo como mellor entendan. Por exemplo, os do sergas poden coller o
metapaquete e partir del para facerse unha ubuntu á súa medida. Ou poden
pedirnos a nós que llo fagamos. Ou poden contratar a unha empresa para 
ue llo faga. Ou poden falar cun colega e que llo faga íl...

No caso de mancomún, temos previsto empregar o metapaquete para xenerar
as tres personalizacións das que falaba. E ogallá que nos encarguen moitas
máis, por que será sinal de que o tema do linux funciona. Pero polo
momento os encargos que temos son ises.


> 2. Ademais do metapaquete principal haberá outros para bibliotecas,
> hospitais, colexios, etc.
> 

Estás seguro desto? Así, sen ter aínda o metapaquete e ver cómo funciona
é difícil de definir, eu penso que sería máis efectivo que se alguén quere
facer unha distro para colexios, que colla o metapaquete e que o adapte
directamente non? E unha vez feita a adaptación, que o suba ao repositorio
e así que o poida empregar calquera. 

Pero igual o do esquema metapaquete principal + metapaquete
personalizado é mais efectivo. Non sei. No que a min respeita, estou
aberto a todo tipo de suxerencias.


> Xosé
> 
> 
> 
> 
> 
> O Saturday 26 April 2008 23:20:06 suso.baleato at xunta.es escribiu:
> > Boas,
> >
> > Por sintetizar un pouco o que fomos falando nesta posta en común inicial,
> > correxídeme se me equivoco:
> >
> > - A idea é que mancomún traballe *non* nunha nova distro, senón nun
> >   metapaquete de configuración (logos, iconas, splash, colorinchos
> >   varios, unha selección de aplicacións preconfiguradas para o galego
> >   que fornezan as funcionalidades dun escritório ofimático multimedia,
> >   e os pacotes adicionais precisos para iso). Alomenos inicialmente, o
> >   metapaquete no que traballaríamos dende mancomún sería para Ubuntu,
> >   pero calquera esforzo que haxa para portalo a outras distros
> >   apoiaríamolo.
> >
> > - Como a idea é conseguir ter un escritório íntegramente en galego, en
> >   troques de traducir á nosa bola sen máis, introduciríamos os
> >   resultados das nosas traducións a través do launchpad. Eiquí xa non
> >   sei como funcionaría a cousa, se teríamos que facelo nós directamente ou
> >   darvos a vós os .po... eso xa ides dicindo. O ideal sería que a meio
> >   longo prazo, o metapaquete se reducira á selección de aplicacións e á
> >   súa configuración, xa que idealmente non faría falta traducir nada a
> >   maiores do que se meta polo launchpad.
> >
> > - O metapaquete poñeríamolo no repositorio apt de mancomún, e por
> >   suposto nos repositorios que o queiran disponibilizar.
> >
> > - Traballar na idea dun metapaquete en troques de facelo na idea dunha
> >   distro ten varias vantaxes: pode servir como base para outras
> >   customizacións, pode incluírse nos liveCD instalábeis fácilmente, pode
> >   ser portado para outras distros...
> >
> > Se non se me escapa nada e todos o temos claro, entón poderíamos dar o
> > seguinte paso que propuxestes, que sería contactar con Mark Shuttleworth
> > para mirar a posibilidade de estabelecer algún tipo de convenio,
> > sinatura ou o que conveña.
> >
> > En todo caso, con ou sen convenio con Canonical, penso que temos o máis
> > importante feito, que é estarmos dacordo en que coordenarnos pode ser
> > positivo para todos/as.
> >
> > Penso que daiquí só poden saír cousas boas; a verdade é que estou moi
> > contento con todo isto.
> >
> > Saúdos,
> >
> > damufo escrebeu:
> > > Respondo abaixo
> > >
> > > >> Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> > > >>> suso.baleato at xunta.es wrote:
> > > >>>
> > > >>> [..cortado..]
> > > >>>
> > > >>>> Así que o lóxico é: primeiro expoñervos o tema a vós e ver cómo o
> > > >>>> vedes. Se vedes ben tirar para adiante, pois veña, falamos con Mark
> > > >>>> e miramos de asinar ese convenio. Pero vaia: é importante non poñer
> > > >>>> o carro diante dos bois. De nada serviría que a Consellería de
> > > >>>> Innovación e Industria asinara algo con Canonical a través do
> Centro
> > > >>>> de Referencia e Servizos de Software Libre... se despois a
> > > >>>> comunidade galega de Ubuntu estivera en contra non? Ese tipo de
> > > >>>> situacións danse demasiado a miúdo no mundo do software libre, e
> > > >>>> penso que temos que intentar evitar os conflictos, e sempre camiñar
> > > >>>> xuntos cara obxectivos comúns.
> > > >>>
> > > >>> Non é por facer a rosca,  pero estou contento con que teñades esa
> > > >>> actitude... de feito recordo que cando empezou a funcionar Mancomún
> > > >>> había bastante suspicacia por se pasaban cousas así.
> > >  >
> > >  > damufo escrebeu:
> > >  >> Unha opinión mais.
> > >  >> En primeiro lugar pareceme moi interesante o de facer un paquete/es
> > >  >> no canto dunha distribución especifica.
> > >  >> Penso que a idea de facer o paquete para ubuntu é tamén unha gran
> > >  >> elección aínda que penso que tamén sería bo que se contemplase a
> > >  >> posibilidade de que houbesen versións dese paquete para outras
> > >  >> distribucións (debian, suse...) se houbese demanda claro.
> > >  >> Saúdos
> > >
> > > suso.baleato at xunta.es escribiu:
> > >  > Pois a verdade é que é unha idea estupenda e concordo tamén con que a
> > >  > posibilidade debe contemplarse.
> > >  >
> > >  > É importante aclarar, iso sí, que en Mancomún imos comezar
> traballando
> > >  > na versión para Ubuntu, xa que nos resultaría inviabel facelo para
> > >  > todas as distros ao mesmo tempo.
> > >  >
> > >  > E se dalgún xeito podemos apoiar que haxa o pacote para outras
> > >  > distros, pois sen problema claro.
> > >  >
> > >  > Saúdos,
> > >
> > > A iso me refería. Aínda que non fixen ningunha enquisa a min pareceme
> > > razoable comezar por ubuntu (debido ao gran tirón que está a ter), e
> > > logo se hai demanda ver a posibilidade de ampliar a outras distros.
> > > Saúdos
> > >
> > > >> --
> > > >> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > > >> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > > >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> > >
> > > --
> > > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >
> > --
> > Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org
> > Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia
> > Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
> > (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>
> 
> 
> -- 
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list