[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego
Xosé
ubuntu at galizaweb.net
Sun Apr 27 19:59:04 BST 2008
Olá,
O que expós está ben sintetizado, mais hai un par de comentarios que quero
facer:
1. Falta a referencia ao "obxectivo": Non se trata de crear "a distribución
EN GALEGO" ou algo parecido, que faga pensar que é a única que vai en
galego, xa que hai máis, abonda con instalar un par de paquetes de
tradución. Tamén hai que evitar que no nome ou na publicidade se poda
deducir algo parecido. Os destinatarios, segundo creo, non son os individuos
coma min ou como os demais que participan nesta rolda, senón as institucións
públicas (corrixe-me se é o caso), isto é, os servizos como bibliotecas,
hospitais, colexios, etc.
2. Ademais do metapaquete principal haberá outros para bibliotecas,
hospitais, colexios, etc.
Xosé
O Saturday 26 April 2008 23:20:06 suso.baleato at xunta.es escribiu:
> Boas,
>
> Por sintetizar un pouco o que fomos falando nesta posta en común inicial,
> correxídeme se me equivoco:
>
> - A idea é que mancomún traballe *non* nunha nova distro, senón nun
> metapaquete de configuración (logos, iconas, splash, colorinchos
> varios, unha selección de aplicacións preconfiguradas para o galego
> que fornezan as funcionalidades dun escritório ofimático multimedia,
> e os pacotes adicionais precisos para iso). Alomenos inicialmente, o
> metapaquete no que traballaríamos dende mancomún sería para Ubuntu,
> pero calquera esforzo que haxa para portalo a outras distros
> apoiaríamolo.
>
> - Como a idea é conseguir ter un escritório íntegramente en galego, en
> troques de traducir á nosa bola sen máis, introduciríamos os
> resultados das nosas traducións a través do launchpad. Eiquí xa non
> sei como funcionaría a cousa, se teríamos que facelo nós directamente ou
> darvos a vós os .po... eso xa ides dicindo. O ideal sería que a meio
> longo prazo, o metapaquete se reducira á selección de aplicacións e á
> súa configuración, xa que idealmente non faría falta traducir nada a
> maiores do que se meta polo launchpad.
>
> - O metapaquete poñeríamolo no repositorio apt de mancomún, e por
> suposto nos repositorios que o queiran disponibilizar.
>
> - Traballar na idea dun metapaquete en troques de facelo na idea dunha
> distro ten varias vantaxes: pode servir como base para outras
> customizacións, pode incluírse nos liveCD instalábeis fácilmente, pode
> ser portado para outras distros...
>
> Se non se me escapa nada e todos o temos claro, entón poderíamos dar o
> seguinte paso que propuxestes, que sería contactar con Mark Shuttleworth
> para mirar a posibilidade de estabelecer algún tipo de convenio,
> sinatura ou o que conveña.
>
> En todo caso, con ou sen convenio con Canonical, penso que temos o máis
> importante feito, que é estarmos dacordo en que coordenarnos pode ser
> positivo para todos/as.
>
> Penso que daiquí só poden saír cousas boas; a verdade é que estou moi
> contento con todo isto.
>
> Saúdos,
>
> damufo escrebeu:
> > Respondo abaixo
> >
> > >> Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> > >>> suso.baleato at xunta.es wrote:
> > >>>
> > >>> [..cortado..]
> > >>>
> > >>>> Así que o lóxico é: primeiro expoñervos o tema a vós e ver cómo o
> > >>>> vedes. Se vedes ben tirar para adiante, pois veña, falamos con Mark
> > >>>> e miramos de asinar ese convenio. Pero vaia: é importante non poñer
> > >>>> o carro diante dos bois. De nada serviría que a Consellería de
> > >>>> Innovación e Industria asinara algo con Canonical a través do
Centro
> > >>>> de Referencia e Servizos de Software Libre... se despois a
> > >>>> comunidade galega de Ubuntu estivera en contra non? Ese tipo de
> > >>>> situacións danse demasiado a miúdo no mundo do software libre, e
> > >>>> penso que temos que intentar evitar os conflictos, e sempre camiñar
> > >>>> xuntos cara obxectivos comúns.
> > >>>
> > >>> Non é por facer a rosca, pero estou contento con que teñades esa
> > >>> actitude... de feito recordo que cando empezou a funcionar Mancomún
> > >>> había bastante suspicacia por se pasaban cousas así.
> > >
> > > damufo escrebeu:
> > >> Unha opinión mais.
> > >> En primeiro lugar pareceme moi interesante o de facer un paquete/es
> > >> no canto dunha distribución especifica.
> > >> Penso que a idea de facer o paquete para ubuntu é tamén unha gran
> > >> elección aínda que penso que tamén sería bo que se contemplase a
> > >> posibilidade de que houbesen versións dese paquete para outras
> > >> distribucións (debian, suse...) se houbese demanda claro.
> > >> Saúdos
> >
> > suso.baleato at xunta.es escribiu:
> > > Pois a verdade é que é unha idea estupenda e concordo tamén con que a
> > > posibilidade debe contemplarse.
> > >
> > > É importante aclarar, iso sí, que en Mancomún imos comezar
traballando
> > > na versión para Ubuntu, xa que nos resultaría inviabel facelo para
> > > todas as distros ao mesmo tempo.
> > >
> > > E se dalgún xeito podemos apoiar que haxa o pacote para outras
> > > distros, pois sen problema claro.
> > >
> > > Saúdos,
> >
> > A iso me refería. Aínda que non fixen ningunha enquisa a min pareceme
> > razoable comezar por ubuntu (debido ao gran tirón que está a ter), e
> > logo se hai demanda ver a posibilidade de ampliar a outras distros.
> > Saúdos
> >
> > >> --
> > >> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > >> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
> --
> Xesús Manuel Benítez Baleato Coordenador de mancomun.org
> Consellaría de Innovación e Industria Xunta de Galicia
> Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza)
> (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113 <suso.baleato @ xunta.es>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list