[Tradutores-Ubuntu] 8.04 en galego
Leandro Regueiro
leandro.regueiro at gmail.com
Fri Apr 25 18:00:21 BST 2008
Supoño que serán algo así coma os patróns de debconf de debian... eu
estou ocupado.
Ata logo,
Leandro Regueiro
2008/4/25 Manuel Xosé Lemos <mxlemos at gmail.com>:
> Xosé escribiu:
>
> >
> > Grazas. Aproveito para comentar que levo un par de semanas traducindo os
> > catro paquetes que hai en
> > https://translations.launchpad.net/ddtp-ubuntu/+translations . Son enormes
> > porque conteñen as descricións dos paquetes que utilizan os programas de
> > instalación con apt. Resultan bastante visíbeis porque é precisamente o que
> > vemos cando queremos instalar algo. Quería pedir axuda; posibelmente ninguén
> > os viu porque non están na mesma páxina que os demais, non sei por que, eu
> > atopeinos de casualidade.
> >
> > Xosé
> >
>
> Penso que é moi interesante a tradución deses paquetes xa que como ben
> dis é algo moi visible e imprescindible para saber se un paquete se
> axusta ao que andamos buscando. Tendo en conta que moita da xente que
> comeza con Ubuntu busca en moitas ocasións programas equivalentes as
> ferramentas que usaba no seu anterior S.O. a tradución destes paquetes
> ten a súa importancia xa que hai moita xente que non se manexa o
> suficiente co inglés.
>
> O curioso é que a tradución destes paquetes ao castelán tamén é moi
> escasa, quizais teña que ver co que apuntas de que non están moi visibles.
>
>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list