[Tradutores-Ubuntu] 8.04 en galego

Manuel Xosé Lemos mxlemos at gmail.com
Fri Apr 25 17:55:19 BST 2008


Xosé escribiu:
>
> Grazas. Aproveito para comentar que levo un par de semanas traducindo os
> catro paquetes que hai en
> https://translations.launchpad.net/ddtp-ubuntu/+translations . Son enormes
> porque conteñen as descricións dos paquetes que utilizan os programas de
> instalación con apt. Resultan bastante visíbeis porque é precisamente o que
> vemos cando queremos instalar algo. Quería pedir axuda; posibelmente ninguén
> os viu porque non están na mesma páxina que os demais, non sei por que, eu
> atopeinos de casualidade.
>
> Xosé
>   

Penso que é moi interesante a tradución deses paquetes xa que como ben 
dis é algo moi visible e imprescindible para saber se un paquete se 
axusta ao que andamos buscando. Tendo en conta que moita da xente que 
comeza con Ubuntu busca en moitas ocasións programas equivalentes as 
ferramentas que usaba no seu anterior S.O. a tradución destes paquetes 
ten a súa importancia xa que hai moita xente que non se manexa o 
suficiente co inglés.

O curioso é que a tradución destes paquetes ao castelán tamén é moi 
escasa, quizais teña que ver co que apuntas de que non están moi visibles.



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list