[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego

Ubuntu ubuntu at galizaweb.net
Thu Apr 17 17:31:05 BST 2008


O de coordenar esforzos sempre me parece positivo. Eu tamén prefiro Ubuntu,
pero na Consellaría de Educación inclínanse por SUSE para os centros
educativos (eu traballo nun). A razón é YAST, xa que é unha aplicación que
centraliza a xestión do sistema dunha maneira clara.

Acerca da proposta que fas, posibelmente vos sexa de interese ver este
documento:
http://www.galpon.org/wiki/index.php/Documento_consensuado_do_Profesorado_galego_de_Ensinanza_Primaria_e_Secundaria

en concreto a sección 2 (ámbito técnico) porque se suxire unha arquitectura
("Sistema Base Común") que vos pode dar ideas.

Xosé

--------- Mensaxe Orixinal --------
De: List for coordination of Ubuntu Galician translation team
<ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com>
Para: ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com <ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com>
Asunto: [Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego
Data: 17/04/08 16:42

>
> Boas,
>
> Son Suso, estou coordenando o Centro de Referencia e Servizos de
> Software Libre de Galiza e apúntome nesta lista por que como algúns de
> vós saberedes, en Mancomún estamos a traballar nun escritório ofimático
> multimédia en galego e tomamos a decisión de facelo empregando Ubuntu:
>
> http://listas.mancomun.org/pipermail/guls/2008-March/000616.html
>
> Penso que unha vez tomada esa decisión, e unha vez que non se
> plantexaron obxeccións, non podiamos continuar a dar pasos sen contactar
> previamente coa comunidade de g11n de Ubuntu. Supoño que sería posibel
> fazer un fork da version canónica e tirar para adiante; pero entendo que
> todos/as estaremos dacordo en que o máis óptimo sería lograr xuntar
> esforzos.
>
> Pois mais nada polo momento. Gustaríame saber, iso sí, qué opinión vos
> merece a proposta de coordenar esforzos.
>
> Saúdos
>
> --
> Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org
> Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia
> Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
> (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  &lt;suso.baleato @
xunta.es&gt;
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
>




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list