[Tradutores-Ubuntu] Algunhas dubidas
Leandro Regueiro
leandro.regueiro at gmail.com
Fri Sep 14 23:43:58 BST 2007
:) As administracións públicas non usan a normativa oficial da RAG,
ainda que coido que no ensino si se usa. O problema da maldita
normativa é que non abrangue tódolos campos, e por exemplo nalgúns,
coma o da informática, hai unha especie de baleiro que a veces
tentamos encher como ben podemos. O castelán non ten estes problemas,
por iso a moita xente lle parece raro o galego que usamos, porque
nunca o viron, igual que me pasou a min hai anos, pero agora xa estou
afeito e esas cousas non me chaman a atención cada dous por tres. Mais
ben agora o problema que teño é cando atopo algo en inglés que non sei
moi ben como traducir ó galego.
O ES de gl_ES indica o país, neste caso España, igual que GB en en_GB
indica Gran Bretaña, ou o AR de es_AR indica Arxentina.
Ata logo,
Leandro Regueiro
On 9/14/07, Festor <festor90 at gmail.com> wrote:
> Estou máis ou menos o tanto pero iso non ten que ver co feito de que é
> necesario seguir unha normativa, e eu propoño (aunque no guste) a que segue
> a administración de galicia, a que se emprega nas clases de lingua galega de
> todolos colexios de Galicia, é dicir, a oficial.
>
> Do contrario o único que estamos a facer e traducir a outra lingua xa que o
> futuro é o galego normativo... refirome co futuro os rapazes coma min que
> estudan o galego no colexio.
>
> Eses rapazes teran un Ubuntu nunha lingua semellante o galego, pero non o
> galego que estudaron.
>
> El día 14/09/07, Iván Seoane <talivan.ivan at gmail.com> escribió:
> >
> > Dous que usan distintas normativas xamais se porán dacordo. E iso de
> > que a norma da RAG é a oficial hai moita xente que non está moi
> > dacorto. Ve-se que non estás moi ó tanto da problemática de
> > normativas, aconsello-che que te informes por internet.
> >
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list