[Tradutores-Ubuntu] Algunhas dudas
Félix Horro Pita
fhorro at corunet.com
Fri Sep 14 10:44:44 BST 2007
A miña opinión é que correcto, correcto... pois máis ben un pouco forzado.
Explícome:
O que realmente se quere dicir con esas traducións é:
"Estase a iniciar un sshd adicional"
ou
"Estase iniciando un sshd adicional".
E entón, non sei moi ben o porque (quizáis por impersonalizar ou por
aforrar texto), comemos o "estase" e deixamos:
"A iniciar un sshd adicional"
ou
"Iniciando un sshd adicional".
Por isto a ningué lle soa ben a frase, porque ninguén vai dicindo "A
iniciar...", xa que coido que son construcións só atribuídas a máquinas.
Eu non estou dacordo nestas reducións, pero a verdade é que están moi
extendidas...
Festor wrote:
> Grazas pola información, xa coñecía esa web. Pero... entón... ¿é ou non é
> correcto a traducción actual?
>
>> Por exemplo:
>> Starting additional sshd
>>
>> en galego:
>> A iniciar un sshd adicional
>
> Según o que lin e preguntei parece ser máis unha expresión permitida na fala
> que na escrita a que se non me equivoco ten que seguila normativa. Son
> estudante de bacharelato polo que non me soa para nada esa expresión.
>
> ¿Algunha novidade? ¿Sabe alguén mais do tema?
>
> Teño interese en saber se é correcta ou non.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list