[Tradutores-Ubuntu] Algunhas dudas

Festor festor90 at gmail.com
Tue Sep 4 09:19:21 BST 2007


Ante todo perdoen o meu galego se non é tecnicamente correcto.

Recentemente deuseme por voltar a miña lingua natal e instalaei o Ubuntu en
galego pero tiven algúns problemiñas/dudas e voltei o castelan (por agora)

A ver se alguen pode aclaralas:

-Moitas das traduccións empregan o artigo a ou o seguido dun infinitivo para
os xerundios no inglés.

Por exemplo:
Starting additional sshd

en galego:
A iniciar un sshd adicional

Pois ben, o mellor estou a dicir una parvada (por influenza do castelán)
pero.... no é correcto/mellor empregar:

Iniciando un sshd adicional

Xa que a actual traducción indica futuro non presente.

Recordo, o mellor o equivocado son eu, pero prefiero telo seguro.

Polo demais pareceume moi boa a traducción e espero formar parte do grupo de
traductores cando teña tempo (agora empezo os estudos)


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list