[Tradutores-Ubuntu] [Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Glosario en Mancomún
Leandro Regueiro
leandro.regueiro at gmail.com
Fri May 11 07:46:45 BST 2007
On 5/10/07, J. Arribi <arribi at cesga.es> wrote:
> Ola Dani:
>
> O primeiro, agradecerche a ti e ao resto da lista os comentarios.
> Parecía que a lista estaba morta :-). Dito isto, gustaríame aportar un
> par de matizacións, sempre en positivo.
De nada, home.
> O glosario é froito do traballo de localización feito por voluntarios e
> varias empresas de tradución galegas. Toda a terminoloxía, na medida do
> posible, foi sancionada polo Termigal que é o "organismo encargado da
> coordinación xeral das actividades terminolóxicas relativas á nosa
> lingua" (http://gl.wikipedia.org/wiki/Termigal). Aínda así, teño que
> dicir que o valor engadido aportado polas empresas e voluntarios foi
> determinante. En calquera caso non creo que sexa positivo entrar a
> discutir sobre as eleccións dos termos elixidos para o glosario nesta
> lista, xa que para elo habilitamos o wiki. Mancomun.org non escolleu
> ventá, foi o Termigal, por certo, para a nosa sorpresa.
Eu sempre uso ventá. Non sei que ten de malo. Por outra parte creo que
a lista tamén está para discutir, senon non sei moi ben para que a
tedes.
> Respecto a determinadas opcións como -ble ou -bel forman parte da guía
> de estilo de cada grupo de tradución, e como tal cada quen debe escoller
> ao seu gusto as súas opcións estilísticas, sen dúbida.
>
> Por último, o wiki é un espazo aberto así que penso que algo debeu
> fallar porque se te rexistras podes modificar calquera termo sen
> necesidade de aprobación previa, ademais de ter unha sección de
> discusión moi útil coa que debater.
>
> Un saúdo.
>
> J. Arribi
Ata logo,
Leandro Regueiro
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list