[Tradutores-Ubuntu] erro en tradución

Dani Muñiz dani at areoso.com
Fri May 4 22:21:09 BST 2007


De nada! Grazas a ti!!

Eu xa solucionei tal como indica o comentario de chuza, fun á consola 
(terminal)

sudo gedit /usr/bin/lsb_release

na lina 120 aprox. deixeino así:

if m:
    priority =  int(m.group(1))
else:
    prioriti = 0

(engadín as duas ultimas liñas)
agora todo traballa axeitadamente.

de todos modo cambiarei o apt.mo polo que envías.


Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> Segundo di Henrique Ferreiro no bug 
> (https://bugs.launchpad.net/ubuntu/+source/apt/+bug/79165/comments/7), 
> o problema estaba na tradución de apt, concretamente na entrada 24 
> (https://translations.launchpad.net/ubuntu/feisty/+source/apt/+pots/apt/gl/+translate?start=20) 
>
>
> Acáboo de corrixir, teño a impresión de que os scripts de Rosetta 
> tomaron unha cadea da tradución doutro paquete que non correspondía, 
> pero non o podo asegurar.
>
> Desafortunadamente agora mesmo en Ubuntu non se ofrecen as 
> actualizacións diarias dos paquetes de idioma (curiosamente, porque 
> están usando o servidor que as ofrecía para as descargas de Feisty).
>
> Como solución "manual" pódese copiar o ficheiro "apt.mo" que está 
> adxunto a /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/apt.mo (tamén se pode 
> descargar de 
> https://translations.launchpad.net/ubuntu/feisty/+source/apt/+pots/apt/gl/+export) 
>
>
> Un saúdo.
>    Felipe.
>
>
> P.S.: Dani, moitas grazas polo aviso, descoñecía este problema.
>
> Dani Muñiz wrote:
>> Ola:
>> Quería saber como está isto do lsb_release
>> ,
>> https://bugs.launchpad.net/ubuntu/+source/apt/+bug/79165
>>
>> é o fallo da lsb_release que so afecta aos que teñen o galego como 
>> idioma.
>>
>> hoxe instalei o ubuntu 7.04 e o erro segue aí, no chuxa alguen da 
>> unha solución
>>
>> http://chuza.org/historia/poden-fallar-aplicacions-na-ubuntu-en-galego-por-un-bug-na-localizacion-de-apt 
>>
>>
>> Que está a pasar? podo axudar a algo para solucionar isto?
>>
>> Saudos
>>
>>   
>

-- 
Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html



-------------- next part --------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: smime.p7s
Type: application/x-pkcs7-signature
Size: 2299 bytes
Desc: S/MIME Cryptographic Signature
Url : https://lists.ubuntu.com/archives/ubuntu-l10n-gl/attachments/20070504/242ee729/attachment.bin 


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list