[Tradutores-Ubuntu] erro en tradución

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Fri May 4 19:26:15 BST 2007


Segundo di Henrique Ferreiro no bug 
(https://bugs.launchpad.net/ubuntu/+source/apt/+bug/79165/comments/7), o 
problema estaba na tradución de apt, concretamente na entrada 24 
(https://translations.launchpad.net/ubuntu/feisty/+source/apt/+pots/apt/gl/+translate?start=20)

Acáboo de corrixir, teño a impresión de que os scripts de Rosetta 
tomaron unha cadea da tradución doutro paquete que non correspondía, 
pero non o podo asegurar.

Desafortunadamente agora mesmo en Ubuntu non se ofrecen as 
actualizacións diarias dos paquetes de idioma (curiosamente, porque 
están usando o servidor que as ofrecía para as descargas de Feisty).

Como solución "manual" pódese copiar o ficheiro "apt.mo" que está 
adxunto a /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/apt.mo (tamén se pode 
descargar de 
https://translations.launchpad.net/ubuntu/feisty/+source/apt/+pots/apt/gl/+export)

Un saúdo.
    Felipe.


P.S.: Dani, moitas grazas polo aviso, descoñecía este problema.

Dani Muñiz wrote:
> Ola:
> Quería saber como está isto do lsb_release
> ,
> https://bugs.launchpad.net/ubuntu/+source/apt/+bug/79165
>
> é o fallo da lsb_release que so afecta aos que teñen o galego como idioma.
>
> hoxe instalei o ubuntu 7.04 e o erro segue aí, no chuxa alguen da unha 
> solución
>
> http://chuza.org/historia/poden-fallar-aplicacions-na-ubuntu-en-galego-por-un-bug-na-localizacion-de-apt
>
> Que está a pasar? podo axudar a algo para solucionar isto?
>
> Saudos
>
>   

-------------- next part --------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: apt.mo
Type: application/octet-stream
Size: 35703 bytes
Desc: not available
Url : https://lists.ubuntu.com/archives/ubuntu-l10n-gl/attachments/20070504/3ed449d8/attachment-0001.obj 


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list