[Tradutores-Ubuntu] erro en apt.mo
Leandro Regueiro
leandro.regueiro at gmail.com
Thu Jun 14 08:50:03 BST 2007
Home eu preferiria a solución da ligazón, xa que ó ir actualizando
haberia que ir copiando a man cada vez. Hei probar despois e xa vos
conto que tal me foi.
Ata logo,
Leandro Regueiro
On 6/13/07, Antón <vegarede at yahoo.es> wrote:
> Estimad at s compañeir at s,
>
> Xa atopei a solución, e é que aínda que a actualización é correcta, aos que
> non nos funcionou de comezo (ou alomenos así me pasou) é porque a
> actualización faise no lugar incorrecto.
>
> Resulta que os ".mo" dos locale están en:
>
> /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/
>
> e, a instalación crea unha nova estrutura de directorios, baixo:
>
> /usr/share/locale-langpack/
>
> co cal non atopa os ficheiros.
>
> Dúas son as posibles solucións:
>
> SOLUCIÓN A: convertir a gl nun enlace á carpeta correcta
>
> 1. Facemos unha copia de seguridade de gl:
>
> $ cd /usr/share/locale
> $ sudo mkdir backup
> $ sudo mv gl backup
>
> 2. Sen sair do directorio, facemos un enlace chamado gl, ao gl de
> locale-langpack:
> $ ln -s /usr/share/locale-langpack/gl /usr/share/locale/gl
>
> SOLUCIÓN B: Facer unha copia do apt.mo de locale-langpack a locale
>
> 1. Facemos unha copia de seguridade do apt.mo
> $ cd /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES
> $ sudo mkdir backup
> $ sudo mv apt.mo backup
> $ sudo
> cp /usr/share/locale-langpack/gl/LC_MESSAGES/apt.mo /usr/share/locale/gl
>
> Con todo, eu suxírovos a SOLUCIÓN B, pois logo podemos desfacernos do locale
> que temos no backup, ou, aínda que o deixemos alí, sempre será máis directo
> que ir cambiando os arquivos ".mo" un a un.
>
> Unha aperta,
>
> Antón Vega.
>
>
> On Wednesday 13 June 2007 20:05:28 Felipe Gil Castiñeira wrote:
> > Leandro Regueiro wrote:
> > > Acabas de atopar unha proba de concepto xenial. Casca igual. Despois
> > > de engadir a liña que dixeches:
> > >
> > > deb http://people.ubuntu.com/~pitti/langpacks/daily/feisty-updates/ ./
> > >
> > > no "/etc/apt/sources.list", actualizar a lista de paquetes
> > > dispoñibles, marcar as actualizacións e instalalas (todas elas
> > > paquetes de idioma galego).
> > >
> > > A verdade é que ese ./ do final da liña chaname un pouco....
> > >
> > > Ata logo,
> > > Leandro Regueiro
> >
> > Podes probar a cambiar o teu
> > "/usr/share/locale-langpack/gl/LC_MESSAGES/apt.mo" polo adxunto? (non
> > vaia ser que haxa outro fallo)
> >
> > Por outro lado, o "./" final, é basicamente para que o "apt" busque os
> > paquetes no directorio que indica a URL. (non sei a que te referías con
> > "chanar", porque teño un amigo da Arousa, que o usa como "toléame", pero
> > sei que noutros sitios ten outros significados :) )
> >
> > Un saúdo.
> > Felipe.
>
>
> ______________________________________________
> LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
> Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
> http://es.voice.yahoo.com
>
>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list