[Tradutores-Ubuntu] erro en apt.mo

Antón vegarede at yahoo.es
Thu Jun 14 12:50:15 BST 2007


Estimados compañeiros,
Estimado Leandro,

Realmente trabuqueime, debería poñer solución A, non B (a da ligazón,vamos).

Eu tamén prefiro a da ligazón, pero non se exclúen. De tódolos xeitos, pódese 
aplica-la solución B (a da copia), e logo a solución A (a da ligazón), e, 
deste xeito, non se exclúen.

A solución B serviría de proba para ver que todo funciona correctamente (antes 
non me abría o Automatix cando estaba en idioma galego, e agora si, aínda que 
non apareza traducido :s.

A solución A aplicaríase no caso de que a solución B funcionara.

Unha aperta,

Antón Vega.


On Thursday 14 June 2007 09:50:03 Leandro Regueiro wrote:
> Home eu preferiria a solución da ligazón, xa que ó ir actualizando
> haberia que ir copiando a man cada vez. Hei probar despois e xa vos
> conto que tal me foi.
>
> Ata logo,
>                 Leandro Regueiro
>
> On 6/13/07, Antón <vegarede at yahoo.es> wrote:
> > Estimad at s compañeir at s,
> >
> > Xa atopei a solución, e é que aínda que a actualización é correcta, aos
> > que non nos funcionou de comezo (ou alomenos así me pasou) é porque a
> > actualización faise no lugar incorrecto.
> >
> > Resulta que os ".mo" dos locale están en:
> >
> > /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/
> >
> > e, a instalación crea unha nova estrutura de directorios, baixo:
> >
> > /usr/share/locale-langpack/
> >
> > co cal non atopa os ficheiros.
> >
> > Dúas son as posibles solucións:
> >
> > SOLUCIÓN A: convertir a gl nun enlace á carpeta correcta
> >
> > 1. Facemos unha copia de seguridade de gl:
> >
> > $ cd /usr/share/locale
> > $ sudo mkdir backup
> > $ sudo mv gl backup
> >
> > 2. Sen sair do directorio, facemos un enlace chamado gl, ao gl de
> > locale-langpack:
> > $ ln -s /usr/share/locale-langpack/gl /usr/share/locale/gl
> >
> > SOLUCIÓN B: Facer unha copia do apt.mo de locale-langpack a locale
> >
> > 1. Facemos unha copia de seguridade do apt.mo
> > $ cd /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES
> > $ sudo mkdir backup
> > $ sudo mv apt.mo backup
> > $ sudo
> > cp /usr/share/locale-langpack/gl/LC_MESSAGES/apt.mo /usr/share/locale/gl
> >
> > Con todo, eu suxírovos a SOLUCIÓN B, pois logo podemos desfacernos do
> > locale que temos no backup, ou, aínda que o deixemos alí, sempre será
> > máis directo que ir cambiando os arquivos ".mo" un a un.
> >
> > Unha aperta,
> >
> > Antón Vega.
> >
> > On Wednesday 13 June 2007 20:05:28 Felipe Gil Castiñeira wrote:
> > > Leandro Regueiro wrote:
> > > > Acabas de atopar unha proba de concepto xenial. Casca igual. Despois
> > > > de engadir a liña que dixeches:
> > > >
> > > > deb http://people.ubuntu.com/~pitti/langpacks/daily/feisty-updates/
> > > > ./
> > > >
> > > > no "/etc/apt/sources.list", actualizar a lista de paquetes
> > > > dispoñibles, marcar as actualizacións e instalalas (todas elas
> > > > paquetes de idioma galego).
> > > >
> > > > A verdade é que ese ./ do final da liña chaname un pouco....
> > > >
> > > > Ata logo,
> > > >                 Leandro Regueiro
> > >
> > > Podes probar a cambiar o teu
> > > "/usr/share/locale-langpack/gl/LC_MESSAGES/apt.mo" polo adxunto? (non
> > > vaia ser que haxa outro fallo)
> > >
> > > Por outro lado, o "./" final, é basicamente para que o "apt" busque os
> > > paquetes no directorio que indica a URL. (non sei a que te referías con
> > > "chanar", porque teño un amigo da Arousa, que o usa como "toléame",
> > > pero sei que noutros sitios ten outros significados :) )
> > >
> > > Un saúdo.
> > >     Felipe.
> >
> > ______________________________________________
> > LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
> > Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
> > http://es.voice.yahoo.com
> >
> >
> >
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

		
______________________________________________ 
LLama Gratis a cualquier PC del Mundo. 
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto. 
http://es.voice.yahoo.com




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list