[Tradutores-Ubuntu] Pertenza ao grupo de tradución

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Tue Feb 27 08:16:06 GMT 2007


O certo é que escribindo galego aquí xa cometiches algún erro. O certo
é que estou sorprendido polo moito que se traduce aquí, ainda que a
calidade non sei se será moi boa. É mellor calidade ca cantidade. E
facede o que dixo Nacho, se non estades facendo un traballo inútil, xa
que non usa o Ubuntu tanta xente como se di por aí.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

On 2/27/07, Nacho <nacho.resa at gmail.com> wrote:
> Unha cousa a dicir, se corrixides algunha tradución,
> lembrádevos de mandarlla ao encargado dela.
>  (Como vai ser o caso do amarok se o corrixides)
>
> Saúdos.
>
> On 2/27/07, Antón <vegarede at yahoo.es> wrote:
> >
> > Estimado Marcos,
> >
> > Acabo de consultar o dicionario (xunto a unha pequena investigación
> > sobre a última 'reforma da contrarreforma' ( ;) ) das normas
> > ortográficas e morfolóxicas do galego e dise colexio. Aínda con todo, ás
> > veces, é mellor elixir outra verba no canto da que se descoñece, así
> > podes dicir Escola no canto de Colexio ;).
> >
> > E bueno, respecto ás traducións, apunto unha que me chama especialmente
> > a atención, e que poño para referencia xeral, aínda que coa
> > recomendación de consultar un dicionario (ao final é dicionario):
> >
> > Débese usar anel/aneis, no canto doutras solucións como anel/anels*, e
> > anel/anelos*, pois, se non me trabuco, tanto anels* como anelos* son
> > incorrectas.
> >
> > Polo demáis, cando teña un pouco de tempo póñome coas traducións do
> > Amarok.
> >
> > Ah, e se queredes saber máis da reforma (aínda que a propia Real
> > Academia galega, non teña ningún documento descargable que trate da
> > normativa na súa páxina), aquí tedes un do concello de Santiago:
> >
> > http://www.santiagodecompostela.org/medi/Lingua/normasortograficas.pdf
> >
> > Unha aperta,
> >
> > Antón.
> >
> > P.D. A verdade, estou un pouco en contra de certos aspectos desta
> > reforma aínda que é realmente cómodo saltarse un c de cando en vez, e
> > éme moi agradable dicir reitor no canto de rector.
> >
> >
> > O Lun, 26-02-2007 ás 19:03 +0100, Marcos García escribiu:
> > > Estou impresionado do ben que falas galego, mi madriña.....
> > >
> > > PD: Meu difunto pai (morreu en Novembro 2006 :( ) foi de Aranda de Duero
> > e a
> > > miña nai é de aquí, de coruña, pero meus pais educáronme en castelán, e
> > > todo-los meus parentes fálanme en galego, mais eu conservo o meu galego
> > > gracias ó meu colexio (Colexio Obradoiro)
> > >
> > > PD: Dise colexio??' xDDD
> > >
> > > Unha aperta a todos e graciñas Antón por ese emilio que tés razón e
> > estou de
> > > acordo contigo.
> > >
> > >
> > > 2007/2/26, Antón <vegarede at yahoo.es>:
> > > >
> > > > Boas Marcos,
> > > >
> > > > Acabo de ver unha mensaxe enviada á lista na que dis que o teu galego
> > > > non é moi bó. A cuestión é que, eu, que levo 23 dos meus 29 anos
> > > > traducindo os meus apuntes (de xeito case que automático) ao galego, e
> > > > que os meus pais me falaron en galego, resulta que non vivín nunca na
> > > > aldea. Meus pais non eran da cidade, mais bastantes anos antes de que
> > eu
> > > > nacera ambos se trasladaron a Lugo, e alí nacín eu.
> > > >
> > > > Doutra banda, alomenos ti usas o que podes o galego, e é así,
> > > > usándoo,como se aprende. Doutra banda, temos que hai un grave problema
> > > > co galego, e é un problema, achacable máis ben a uns señores que se
> > din
> > > > "académicos" e é o do cambio permanente do galego máis alá do
> > > > recomendable.
> > > >
> > > > Se un vé o que fai a "Real Academia Española" da Lingua Castelá,
> > resulta
> > > > que cada edición do dicionario (¿ou era diccionario?) pode que inclúan
> > > > algunha verba, ou mesmo que cambien algunha das definicións dalgún
> > > > termo, mais non fan o que a "Real Academia Galega", na que as verbas
> > > > cambian de escrita e pronuncia, algunhas verbas desaparecen, e outras
> > > > aparecen, e todo polo batiburrillo idiomático de correntes culturais
> > > > que, se ben teñen o seu fundamento, queren todo moi "aquí e agora",
> > > > tentando impor o seu modelo por riba dos demáis, e onde os académicos
> > > > fan unha "normativa de concordia" no canto de facer investigacións
> > > > rigorosas de como é realmente, e como cambiou o galego ao longo do
> > > > tempo.
> > > >
> > > > Con todos estes elementos, non é de estranar que un/unha sempre teña a
> > > > impresión de que están a converter o galego nunha "lingua aparente" ou
> > > > mesmo nunha "lingua artificial elaborada por académicos".
> > > >
> > > > Polas todas estas e outras razóns, amáis de traducir, haberá que (por
> > > > medio de grupos como "A Mesa (pola normalización lingüística)" ou a
> > > > ciberirmandade, e demáis, debemos esixir (si, señores e señoras,
> > esixir
> > > > -que alguén me diga se me trabuquei na escrita-) que @s señores/as
> > > > académic at s se adiquen, dunha vez, a facer investigación no tocante á
> > > > lingua e non a inventar un 'galego virtual e aparente', e, no canto
> > > > deso, realmente nos leguen unha lingua viva e que responda a toda a
> > > > longa historia que ten, no canto de quedarse nas múltiples correntes
> > do
> > > > galego que, podendo integralas no proxecto común da cultura galega,
> > > > doutra banda, pode que deberan estar aparte, ou como opción á hora da
> > > > escrita e da fala, tendo como lingua normal ("estándar") aquela que
> > > > mellor se teña adaptado ao devir histórico, social e político.
> > > >
> > > > Unha aperta,
> > > >
> > > > Antón Vega.
> > > >
> > > >
> > > >
> > > > ______________________________________________
> > > > LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
> > > > Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
> > > > http://es.voice.yahoo.com
> > > >
> > > >
> > > > --
> > > > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > > > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > > > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> > > >
> > >
> > >
> > >
> > > --
> > > --------------------------------------------------------
> > > Marquitox
> > > --------------------------------------------------------
> >
> >
> >
> > ______________________________________________
> > LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
> > Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
> > http://es.voice.yahoo.com
> >
> >
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list