[Tradutores-Ubuntu] Pertenza ao grupo de tradución

Daniel Muñiz Fontoira dmunhiz at gmail.com
Tue Feb 27 13:05:27 GMT 2007


Ola:

Basicamente estou de acordo. Para min, o gran problema radica na RAG,
que non fai a súa función. O (único) dicionario en liña que hai é
http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp

Este dicionario está desactualizado, todo por non darlle soporte á
lingua. Xa non é cuestión querer é cuestión de medios, os cambios do
2003 a día de hoxe fíxeronse de palabra.
O gran problema coa RAG, non sei se é por non ter medios ou porque os
que a compoñen son uns incompetentes. Non hai mais que ver contidos e
información que teñen dos da normativa AGAL (vaia dicionario! quen mo
dera en versión RAG!), moi superiores aos da RAG.

Está claro que a administración xunto coa RAG, sempre lle deron (e dan
ainda que noto certo cambio, demasiodo lento para min) as costas ao Galego.
Con respecto aos cambios en lexico sobre todo, penso que non se pode
comparar co español, xa que o galego ven se ser normativizado hai
relativamente pouco tempo en comparación co español, é normal que cambie
o que xa non é normal é que o ultimo cambio fose no 2003 e no 2007 o
dicionario en liña non estea actualizado. Isto se non me equivoco é
porque o dicionario está en mans das editoriais. Hai dous anos que os
que levan o volga (este sí está actualizado, aínda que con erros) me
dixeron que estaban pendentes da edición impresa e logo 6 meses despois
porían a versión dixital para que os libreiros vendan. En definitiva o
diñeiro e a incompetencia é o que manda.
Ata cando seguiremos nesta situación?
En fin...

Finalmente, con repecto á decisión dos permisos na tradución, dicir que
estou de acordo.

Apertas.




Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


Antón escribió:
> Boas Marcos,
> 
> Acabo de ver unha mensaxe enviada á lista na que dis que o teu galego
> non é moi bó. A cuestión é que, eu, que levo 23 dos meus 29 anos
> traducindo os meus apuntes (de xeito case que automático) ao galego, e
> que os meus pais me falaron en galego, resulta que non vivín nunca na
> aldea. Meus pais non eran da cidade, mais bastantes anos antes de que eu
> nacera ambos se trasladaron a Lugo, e alí nacín eu.
> 
> Doutra banda, alomenos ti usas o que podes o galego, e é así,
> usándoo,como se aprende. Doutra banda, temos que hai un grave problema
> co galego, e é un problema, achacable máis ben a uns señores que se din
> "académicos" e é o do cambio permanente do galego máis alá do
> recomendable.
> 
> Se un vé o que fai a "Real Academia Española" da Lingua Castelá, resulta
> que cada edición do dicionario (¿ou era diccionario?) pode que inclúan
> algunha verba, ou mesmo que cambien algunha das definicións dalgún
> termo, mais non fan o que a "Real Academia Galega", na que as verbas
> cambian de escrita e pronuncia, algunhas verbas desaparecen, e outras
> aparecen, e todo polo batiburrillo idiomático de correntes culturais
> que, se ben teñen o seu fundamento, queren todo moi "aquí e agora",
> tentando impor o seu modelo por riba dos demáis, e onde os académicos
> fan unha "normativa de concordia" no canto de facer investigacións
> rigorosas de como é realmente, e como cambiou o galego ao longo do
> tempo.
> 
> Con todos estes elementos, non é de estranar que un/unha sempre teña a
> impresión de que están a converter o galego nunha "lingua aparente" ou
> mesmo nunha "lingua artificial elaborada por académicos".
> 
> Polas todas estas e outras razóns, amáis de traducir, haberá que (por
> medio de grupos como "A Mesa (pola normalización lingüística)" ou a
> ciberirmandade, e demáis, debemos esixir (si, señores e señoras, esixir
> -que alguén me diga se me trabuquei na escrita-) que @s señores/as
> académic at s se adiquen, dunha vez, a facer investigación no tocante á
> lingua e non a inventar un 'galego virtual e aparente', e, no canto
> deso, realmente nos leguen unha lingua viva e que responda a toda a
> longa historia que ten, no canto de quedarse nas múltiples correntes do
> galego que, podendo integralas no proxecto común da cultura galega,
> doutra banda, pode que deberan estar aparte, ou como opción á hora da
> escrita e da fala, tendo como lingua normal ("estándar") aquela que
> mellor se teña adaptado ao devir histórico, social e político.
> 
> Unha aperta,
> 
> Antón Vega.
> 
> 
> 		
> ______________________________________________ 
> LLama Gratis a cualquier PC del Mundo. 
> Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto. 
> http://es.voice.yahoo.com
> 
> 



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list