[Tradutores-Ubuntu] Guía de estilo para localizacións de Mancomún
Felipe Gil Castiñeira
xil at uvigo.es
Mon Oct 30 13:17:49 GMT 2006
Ola,
Na lista de correo de "mancomun.org" acaban de dicir que van poñer ao
público unha guía de estilo para as traducións. Avisarei cando manden o
documento completo.
Un saúdo.
Felipe.
-------- Original Message --------
Subject: [Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Guía de
estilo para localizacións
Date: Mon, 30 Oct 2006 14:38:28 +0100
From: arribi <arribi at cesga.es>
Reply-To: Ferramentas necesarias para a localización de novos proxectos
ao galego <ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego at mancomun.org>
To: Ferramentas necesarias para a localización de novos proxectos ao
galego <ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego at mancomun.org>
Ola a todos:
Na sección "Ferramentas lingüísticas" de mancomun.org acabamos de
publicar un resumo da guía de estilo que estamos a empregar nas
localizacións de software. Como sabedes, esta guía, xunto co corpus
lingüístico do OpenOffice.org, permítenos garantir a coherencia entre
traducións.
O resumo que enviamos está pensado para que os usuarios que queiran
traducir voluntariamente a través do entrans teñan un recurso rápido ao
que acceder. Nos próximos días enviaremos un documento coa guía completa.
Saúdos.
J. Arribi
_______________________________________________
Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego at mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list