[Tradutores-Ubuntu] Dúbida
Felipe Gil Castiñeira
xil at uvigo.es
Mon Oct 30 13:14:22 GMT 2006
Marcos García wrote:
> Boas noites, teño unha dúbida.
>
> O traducir Audiocd-encoder-vorbis da versión 6.06 de Ubuntu, na liña 22 (
> https://launchpad.net/distros/ubuntu/dapper/+source/kdemultimedia/+pots/audiocd-encoder-vorbis/gl/22/+translate)
> se traduzo con "Preferencias de calidade Vorbis" Onde coloco o símbolo
> &?????
>
> Saúdos, Marcos
>
Ola Marcos,
Creo que non che respondeu ninguén, así que aquí vai a miña resposta: En
KDE as "teclas aceleradoras" márcanse con un "&". Ata onde sexa posible,
a tecla aceleradora debe ser a mesma que en inglés (é realmente incómodo
que se cambien os atallos de teclado según o idioma no que teñas
configurado o sistema). Neste caso concreto, non hai ningún "que" na
cadea, así que eu tomaría a letra máis significativa (para min o ce, de
_C_alidade), sempre e cando non se repita.
En resumo, eu deixaríao en: "Preferencias de &calidade Vorbis".
Un saúdo.
Felipe.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list