[Tradutores-Ubuntu] Preséntome
Leandro Regueiro
leandro.regueiro at gmail.com
Wed Oct 4 19:13:14 BST 2006
> Tes razón Felipe, pero de cando en vez intento traducir algo e como o meu
> galego non é moi avanzado.... cando teño dudas intento buscar a palabra
> (grazas polo enlace da VOLGA aínda que non é moi completo) e se non clicko
> no botón ese que dis, pero algunhas veces esquézeme (non sei se o dixe ben)
> O inglés dominoo ben, pero do Español ó Galego pois non moito
Outro erro máis, "clicko", procura usar "premo" de premer. Tampouco
uses "clicar". Mira isto http://trasno.net/trasno:glosario
> Despois de todo, apoyo a campaña .gal . Espero que vos tamén
>
> Eu vou intentar traducir algo, pero unha pregunta. ¿Que distribucion hai que
> traducir?
A ver, se estás apuntado a esta lista é porque estás traducindo
Ubuntu, Xubuntu, Kubuntu, Fluxbuntu e derivados. Para traducir outras
distribucións non se pode usar Rosetta. Ademais os programas que
traduces con Rosetta teñen un sitio de tradución oficial diferente,
asi que podes baixar o .po de Rosetta e enviarllo ós programadores do
programa para que a tradución sexa oficial e o programa estea
traducido noutras distribucións.
> Saludos, MARCOS
Proba a poñer "Saúdos". Dígocho namais por fastidiar, pero é que é así.
Ata logo,
Leandro Regueiro
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list