[Tradutores-Ubuntu] Significado das cores
Felipe Gil Castiñeira
felipexil at gmail.com
Tue Jul 11 00:04:45 BST 2006
Ola Xosé,
Ubuntu escribiu:
> Teño dúvidas sobre o significado das cores na páxina de programas a
> traducir. Entendo que o laranxa "sen traducir", significa iso precisamente.
>
Correcto.
> O verde: "Unchanged” means Translation unchanged since last synchronized -
> quere dicir que é o que está traducido na última versión de Ubuntu (6.06)?
>
Máis ou menos, pero podémolo entender así.
> O azul: “Changed” means Changed in Rosetta - liñas que modificaron os
> autores dos programas desde entón e son polo tanto novas e hai que traducir
> de novo?
>
Non, son as cadeas que estaban xa traducidas ("eran de cor verde"), pero
que foron modificadas en Rosetta
> O púrpura: “new” means Newly translated in Rosetta - O que se vai traducindo
> pero ainda non está disponíbel no último lanzamento nen nas actualizacións?
> O que eu vou facendo está sempre púrpura.
>
Si, correcto de novo. Como es novo por aquí e non sei se liches o
arquivo da lista e/ou o wiki, insisto que cando remates de traducir un
paquete, xeres o ".po" e llo mandes ao equipo que se encarga do
mantemento das súas traducións (ou avises aquí), para que as outras
distribucións tamén dispoñan da tradución.
> Grazas de antemán polas explicacións.
>
> Xosé
>
Un saúdo.
Felipe.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list