[Tradutores-Ubuntu] Significado das cores

Ubuntu ubuntu at galizaweb.net
Mon Jul 10 07:44:06 BST 2006


Teño dúvidas sobre o significado das cores na páxina de programas a
traducir. Entendo que o laranxa "sen traducir", significa iso precisamente.

O verde: "Unchanged” means Translation unchanged since last synchronized -
quere dicir que é o que está traducido na última versión de Ubuntu (6.06)?

O azul: “Changed” means Changed in Rosetta - liñas que modificaron os
autores dos programas desde entón e son polo tanto novas e hai que traducir
de novo?

O púrpura: “new” means Newly translated in Rosetta - O que se vai traducindo
pero ainda non está disponíbel no último lanzamento nen nas actualizacións?
O que eu vou facendo está sempre púrpura.

Grazas de antemán polas explicacións.

Xosé




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list