[Tradutores-Ubuntu] Re: Welcome to the "Ubuntu-l10n-gl" mailing
list
Felipe Gil Castiñeira
xil at uvigo.es
Mon Apr 10 11:10:15 BST 2006
Ola Mario!
lbarcala at freeresearch.org wrote:
> Ola:
>
> Son Mario Barcala, e quería enviar unhas primeiras reflexións.
>
>
[....]
> Quero transmitir que o único que non me gusta das normas do proxecto
> trasno é que cada autor pode elixir entre as diferentes variantes que
> están dentro da normativa. Eu sinceramente creo que sería unha boa
> política seguir sempre
> as recomendacións da mesma (ao frente a ó, terminación en bel frente a
> terminación en ble). É certo que a normativa nalgúns casos dá varias
> alternativas, pero tamén soe dar recomendacións. É nestes casos nos que
> creo que sería útil seguir estas recomendacións, gañando tamén
> homoxeneidade.
>
>
Estou totalmente de acordo, porque ademáis hai que ter en conta que a
ferramenta de tradución de Ubuntu (Rosetta) fai que as traducións sexan
compartidas. Isto implica que debemos seguir todos a mesma variante se
queremos ter un traballo homoxéneo.
>> - Coordenaremonos cos outros grupos de traducion ao galego
>> (Trasno,
>> Galego21,...) para non duplicar traballo.
>>
>>
>
> Isto é moi importante. Xa vin que, en principio, as traducións faranse a
> través do Launchpath, pero ás veces o cambio dun arquivo de traducións
> tradicional é máis rápido. Deberíamos ver cal pode ser o mellor método
> para aproveitar as traducións xa feitas tanto noutros sitios como para
> outras versións de software. Non sei cómo o launchpath contempla esta
> casuística.
>
>
Suponse que Rosetta xa recolle as traducións "oficiais" dos paquetes.
Por iso non deberíamos traballar naqueles programas que estea traducindo
outra persoa ou equipo, e ao mesmo tempo, debémoslle mandar o feito en
Rosetta á persoa encargada de integrar as novas traducións do programa
ou paquete na "versión oficial".
Un saúdo!
Felipe.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list