[Tradutores-Ubuntu] Re: Welcome to the "Ubuntu-l10n-gl" mailing list
lbarcala at freeresearch.org
lbarcala at freeresearch.org
Mon Apr 10 08:28:05 BST 2006
Ola:
Son Mario Barcala, e quería enviar unhas primeiras reflexións.
> Mandarei axinha un correo para discutir as normas do grupo. Polo momento:
>
> - Utilizaremos as "Normas ortograficas e morfoloxicas do idioma
> galego",
> aprobadas o 12 de xullo de 2003 pola Real Academia Galega e
> actualmente en
> vigor: http://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego.
>
Paréceme perfecto.
> - Ata que tenhamos consensuada unha guia de estilo usaremos a do
> "Grupo
> Trasno": http://www.trasno.net/axuda/estilo.php
>
Quero transmitir que o único que non me gusta das normas do proxecto
trasno é que cada autor pode elixir entre as diferentes variantes que
están dentro da normativa. Eu sinceramente creo que sería unha boa
política seguir sempre
as recomendacións da mesma (ao frente a ó, terminación en bel frente a
terminación en ble). É certo que a normativa nalgúns casos dá varias
alternativas, pero tamén soe dar recomendacións. É nestes casos nos que
creo que sería útil seguir estas recomendacións, gañando tamén
homoxeneidade.
> - Coordenaremonos cos outros grupos de traducion ao galego
> (Trasno,
> Galego21,...) para non duplicar traballo.
>
Isto é moi importante. Xa vin que, en principio, as traducións faranse a
través do Launchpath, pero ás veces o cambio dun arquivo de traducións
tradicional é máis rápido. Deberíamos ver cal pode ser o mellor método
para aproveitar as traducións xa feitas tanto noutros sitios como para
outras versións de software. Non sei cómo o launchpath contempla esta
casuística.
Un saúdo,
Mario Barcala
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list