[Tradutores-Ubuntu] Traducir N-up

Román roman.pena.perez en gmail.com
Xov Mar 1 18:54:45 UTC 2018


 Boas,

 Busquei para ver que fan nas linguas do noso entorno (pt, it, ca,
es...), e a única que ten a tradución feita é o francés:

English: N-up Printing
French: Impression de plusieurs pages par feuilles "N-up"
(«Impresión de varias páxinas por folla "N-up"»)

English: N-up Orientation
French: Orientation de "N-up"

 Que, como podedes ver, non é demasiado satisfactoria (limítase a
explica-lo concepto, e logo segue a usar o termo sen traducir).

 Eu preferiría recorrer a algo como "Impresión múltiple" e
"Orientación da impresión múltiple", pero agora mesmo ignoro o aspecto
da interface que vai levar esas cadeas, polo que non sei se deixándoas
ficar así serán suficientemente explicativas ou habería que engadir
algo máis.

 Román


El día 1 de marzo de 2018, 19:13, Marcos Lans
<marcoslansgarza at gmail.com> escribió:
> Ola,
>
> N-up pertence a un ficheiro de configuración de impresoras. A wikipedia
> explícao así: https://en.wikipedia.org/wiki/N-up
>
> As cadeas serían estas:
>
> https://translations.launchpad.net/ubuntu/bionic/+source/system-config-printer/+pots/system-config-printer/gl/+translate?batch=10&show=all&search=N-up
>
> Entendo que significa «Ate-N-Páxinas-Nunha».
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl