[Tradutores-Ubuntu] Aplicativo git

Antón Méixome certima en certima.net
Xov Feb 22 21:06:04 UTC 2018


Ola,
Moi interesantes reflexións no fío pero lembrade que a terminoloxía non só
se emprega nas traducións das interfaces senón que tamén é necesaria para a
documentación, manuais, etc.
Por iso pola miña parte agradécese moito a precisión de conceptos que fai
aquí Román e estou totalmente de acordo coa súa reflexión sobre a
conveniencia de traducir.
En relación con este campo tamén se teñen feito xa hai moito tempo
traducións de software de CVS e Subversion. Creo lembrar que a forxa de
Mancomún estaba traducida e algún máis.

Para avanzar, xa que Marcos está na tarefa da tradución, propoño que remate
a tradución asumindo os termos que a día de hoxe son estándares, por
cohesión, e non teñen por que poñerse en cuestión. Refírome a cousas como
File→Ficheiro, as cousas de estilo, etc, é dicir os consensos. Con respecto
aos termos específicos pediría que fagas unha tradución con terminoloxía
coherente (escollendo unha opción para cada termo e manténdoa sempre). Con
iso xa te fas automaticamente cunha lista de termos que logo podemos
reconsiderar/acordar por aquí. Moitas veces é necesario chegar ao final
dunha tradución para ver todas as circunstancias e poder escoller a mellor
solución. Nunha segunda volta rápida (no proceso de revisión, distinto do
de tradución) harmonízase todo e avanzamos notablemente.

Que vos parece?

E por certo, "perante" é unha preposición, non un adverbio de lugar, un
arcaismo xurídico que só significa máis ou menos "comparecer diante dunha
persoa con autoridade". O que se quere dicir mellor con: por diante de,
dediante de, en diante de, adiante de, adiantado a, ...

Un saúdo,

Antón Méixome





O 20:16 do 22 de febreiro de 2018, Román <roman.pena.perez at gmail.com>
escribiu:

>  Boas!
>
>  En primeiro lugar, gustaríame comezar cunha reflexión: a tradución
> desta aplicación (Ou era «aplicativo»? Aparentemente, a RAG segue sen
> admitir o termo...) ten máis importancia da que poida parecer
> inicialmente. Neste eido -a xestión de repositorios de código-, a
> terminoloxía aínda non está, nin moito menos, afianzada.
>  A menos que exista, neste ámbito do desenvolvemento de software, un
> precedente importante (Mercurial, SVN, CVS...) que eu descoñeza e que
> xa sentara cátedra ao respecto (cousa que dubido, en base a miña
> impresión persoal da absoluta falta de consenso, ou, mellor dito, do
> único consenso práctico imperante: empregar os termos ingleses sen
> traducir), o certo é que poden pasar dúas cousas, dada a
> transcendencia de «git»: ou ben asentamos definitivamente a
> terminoloxía para esta rama da enxeñaría de software, ou ben
> provocaremos o rexeitamento frontal dos usuarios. En ambos casos, a
> responsabilidade será grande.
>
>  Dito isto, ignoro cales son os convenios que xa poda haber
> establecidos ao respecto, pero dado que uso profesionalmente este
> software numerosas veces ao día e me toca bastante o tema, e tendo en
> conta a reflexión do parágrafo anterior, voume animar a ofrecer as
> miñas propostas por se algunha delas vos parece máis axeitada que as
> vistas ata o de agora.
>  Admito que máis de unha é algo «creativa», pero neste momento no que,
> como xa tratei de resaltar, deberiamos considerar con moito detemento
> o vocabulario a empregar, opino que nalgún caso sería desexable buscar
> unha opción máis descritiva da acción ou concepto correspondente, na
> nosa lingua, que a mera tradución dos termos ingleses.
>
>  Sen máis, velaquí as tedes:
>
>  * commit: Persoalmente, opino que algo do estilo de «consolidar» ou
> «consumar» (ou se cadra, incluso, «rexistrar») reflicte, mellor que
> «(a)cometer», a natureza desta acción. En español usan «hacer un
> commit» (e familia: «hacer un merge», «hacer push», etc. -como vedes,
> non traducir os termos non é unha exclusiva nosa-). En portugués
> empregan «submeter» (que poderíamos traducir como «someter», aínda que
> nun senso que é bastante pouco habitual en galego, polo que daría pé a
> confusión). O «enviar» que se comentou antes paréceme desaconsellable,
> xa que se asemella moito máis ao concepto detrás do termo «push» que
> ao de «commit».
>
>  * merge: «Fusionar» ou «integrar» (esta última é a escollida polos
> lusos) son máis que adecuadas, nada que inventar aquí.
>
>  * fetch: «Apañar», «descargar». Gústame un pouco menos «recuperar».
>  (Nota: consiste en descargar os posibles cambios que sucederan na
> orixe, dende a última sincronización con esta, pero sen integralos co
> código local nin facer nada con eles, excepto deixalos gardados na
> caché, a espera; o previsible paso seguinte sería un «merge», para
> incorporar eses cambios na nosa copia local, aínda que iso dependerá
> de se fixemos moitas modificacións locais que diverxeran das feitas no
> repositorio remoto e que, polo tanto, requiran unha resolución manual
> ou outro tipo de accións)
>
>  * pull: «Traer», «atraer», «absorber». Pola contra, «tirar» non me
> parece nada afortunado.
>  (Nota: un «pull», [i]grosso modo[/i], sería un «fetch» seguido dun
> «merge» inmediatamente a continuación)
>
>  * push: Ademáis do evidente «empuxar / empurrar», que non é demasiado
> descritivo na nosa lingua, tamén serían interesantes «impeler» ou,
> cambiando un pouco o concepto, «alzar», «elevar», ¿«upar»?... trátase
> de mandar os cambios locais consolidados na nosa copia do repositorio
> cara a orixe / repositorio / fonte remota.
>
>  * hook: As devanditas «enlace» ou «vínculo» parécenme ben, pero para
> diferencialo doutros usos destes termos vou mencionar «enganche». É
> unha execución programada, unha acción que se configura para ser
> disparada cada vez que ocorra un evento determinado. Por exemplo,
> podemos instalar un «hook» para que se execute un «script» (isto
> traducíase como «guión»?) xusto antes (ou xusto despois) de facer un
> pull (ou un merge, un commit...) O concepto non é exclusivo de «git»,
> pode que xa haxa consenso ao respecto nesta comunidade.
>
>  * branch: «Póla» ou «rama» son axeitadas («bifurcación» podería
> chegar a ser válida, pero non paga a pena reinventar a roda neste
> concepto)
>
>  * diff: Vou deixar caer «cotexo / cotexar» e «colación».
>
>  * status: Supoño que xa haberá un consenso estendido, no eido do
> «git» non se utiliza de diferente forma que en calquera outra
> aplicación, así que «estado», «condición» ou «situación» parecen as
> máis axeitadas.
>
>  * reset: Probablemente tamén haberá consenso... pero nalgúns casos,
> no contexto de «git», pode ser interesante ter en mente «rebobinar».
>
>  * checkout: Mmmm, os franceses usan «extraire» («extraer»). Non me
> termina de convencer, pero é o mesmo termo que pensara eu, e non se me
> ocorre nada mellor. Aquí non foron de axuda as traducións española e
> portuguesa.
>
>  * cherry-pick: Ou ben un termo directo, pero probablemente pouco
> claro, coma «petiscar», ou quizáis «beliscar», ou ben algo máis
> explícito, coma «escolla selectiva».
>
>  * staged: Mmmm, esta é bastante complicada (para mostra, un botón:
> https://softwareengineering.stackexchange.com/questions/
> 119782/what-does-stage-mean-in-git
> ).
>    É o estado que acadan os ficheiros cando só se lles fai a primeira
> metade dun «commit» (técnicamente, o «commit» non abarca toda a
> acción, só sería a segunda metade, pero vou obviar ese feito).
>    Se usamos a metáfora de «commit» = «cargar un barco», «stage the
> changes» sería meter a mercadoría (os últimos cambios realizados nos
> ficheiros) nun contedor, pero deixala aínda sen subir ao barco, por se
> acaso queremos facer un control aduaneiro, ou agardar a ter máis carga
> dispoñible -que, pola razón que sexa, ten sentido meter nese mesmo
> contedor-. É o que se consegue coa orde «git add [...]». Os franceses
> usan «indexar / indexado», dado que ao «contedor» se lle chama
> «índice». Os portugueses «preparar / preparado», pero cun par de
> excepcións. En castelán, unha vez máis, deixan o termo sen traducir.
> Non teño claro que suxerir.
>
>  * log: «Rexistro», «bitácora». Nada fora do usual.
>
>  * blame: «Inculpar» ou «responsabilizar» sería a tradución, e non
> vexo por que non usala (permite revisar que usuario foi o que fixo
> certos cambios).
>
>  * «Not supported»: Dependería do caso; tería que ver realmente onde
> se emprega, pero pode que nalgunha ocasión «sen soporte» fose máis
> axeitado ca «non está admitido».
>
>  * clone: «Clonar» non ofrece dúbidas.
>  * add: «Engadir», sen máis.
>  * amend: «Emendar», nada novo.
>
>  Por certo, no caso deste programa, traducir «ahead» por «perante»
> sería totalmente incorrecto, xa que se refire a «estar nun punto máis
> adiantado», en contraposición a «behind».
>
>
>  Saúdos a todos,
>
>  Román
>
>
> 2018-02-22 10:04 GMT+01:00 Dani <dani at damufo.com>:
> > Persoalmente véxo a lista ben.
> > Tamén o de commit -> acometer
> >
> >
> > Dani
> >
> >
> > On 22/02/18 09:15, Miguel Bouzada wrote:
> >>
> >> segundo o Jordi Mas, en galego viría a ser:
> >>
> >>     Anglès           |  Català          |   Galego
> >> #   -----------------+---------------------------------
> >> #   ahead            |  davant per      |   perante / diante de /ante
> >> #   amend            |  esmenar         |   emendar
> >> #   broken           |  malmès          |   estragado
> >> #   delta            |  diferència      |   diferencia
> >> #   deprecated       |  en desús        |   obsoleto / en desuso
> >> #   dry              |  simulació       |   simulación
> >> #   fatal            |  fatal           |   fatal
> >> #   hook             |  lligam          |   vínculo
> >> #   hunk             |  tros            |   anaco
> >> #   not supported    |  no està admès   |   non está admitido
> >> #   repository       |  dipòsit         |   repositorio
> >> #   setting          |  paràmetre       |   parámetro
> >> #   skip             |  ometre          |   omitir
> >> #   squelch          |  silenciar       |   silenciar
> >> #   token            |  testimoni       |   testemuña
> >> #   unset            |  desassignar     |   desasignar
> >>
> >> O 08:54 do 22 de febreiro de 2018, Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>
> >> escribiu:
> >>
> >>> Pois a min non me desagrada, pensemos que en catalán o «cometre» non
> >>> corresponde co noso «cometer», senón co noso «acometer» e que a RAG
> >>> define
> >>> (na 3ª acepción) como: *Intentar levar a cabo*. Acometeron o negocio
> sen
> >>> saber os perigos aos que se expuñan.
> >>>
> >>> O 21:55 do 21 de febreiro de 2018, Dani <dani at damufo.com> escribiu:
> >>>
> >>>> Boas:
> >>>>
> >>>> Chámame a atención a tradución de commit (no catalá) =-O
> >>>>
> >>>> Dani
> >>>>
> >>>>
> >>>> On 21/02/18 20:03, Leandro Regueiro wrote:
> >>>>
> >>>>> Ola,
> >>>>> Debo dicir que me gusta a aproximación dos cataláns (a terminoloxía
> na
> >>>>> cabeceira do propio PO):
> >>>>> https://github.com/git/git/blob/master/po/ca.po#L6-L45
> >>>>>
> >>>>>
> >>>>> Saúdos
> >>>>>
> >>>>> 2018-02-21 19:58 GMT+01:00 Leandro Regueiro <
> leandro.regueiro at gmail.com
> >>>>>>
> >>>>>> :
> >>>>>> Ola,
> >>>>>> para o tema da terminoloxía algo hai en:
> >>>>>>
> >>>>>> http://termos.trasno.gal/
> >>>>>>
> >>>>>>
> >>>>>> Ademais quizais poidades tirar proveito das memorias de tradución de
> >>>>>> Netbeans (hai dúas) que se non lembro mal tiña moitos termos deste
> >>>>>> estilo:
> >>>>>>
> >>>>>> http://trasno.gal/memorias-de-traducion/
> >>>>>>
> >>>>>>
> >>>>>> Saúdos
> >>>>>>
> >>>>>> 2018-02-21 18:27 GMT+01:00 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
> >>>>>>
> >>>>>>> Ola.
> >>>>>>>
> >>>>>>> Concordo co exposto por Dani. Tanto no que se refire o feito de se
> >>>>>>> paga a
> >>>>>>> pena de traducilo ou non como no que se refira á terminooxía.
> >>>>>>>
> >>>>>>> Vexo que na tradución actual  non se seguen os acordos trasnegos
> ...
> >>>>>>>
> >>>>>>> hint: %.*s → axuda: %.*s (consello, help → axuda])
> >>>>>>>
> >>>>>>> file por arquivo no canto de por ficheiro
> >>>>>>>
> >>>>>>> Usar a forma persoal «ti» no canto do imperativo de 3ª persoa
> >>>>>>>
> >>>>>>> manter termos en inglés → «Non é posíbel executar cherry-picking
> >>>>>>> porque tes
> >>>>>>> arquivos sen fusionar.»,  «Non é posíbel realizar merge porque tes
> >>>>>>> arquivos
> >>>>>>> sen fusionar.», «Non é posíbel realizar pull porque tes arquivos
> sen
> >>>>>>> fusionar.»
> >>>>>>>
> >>>>>>> empregar as comiñas simples inglesas no canto das comiñas latinas →
> >>>>>>> Corríxeos na árbore de traballo e emprega 'git add/rm <arquivo>',
> >>>>>>> como sexa apropiado, para marcar a resolución e realizar un commit.
> >>>>>>>
> >>>>>>> erros como «conflicto» (conflito),
> >>>>>>>
> >>>>>>> Confundir o número (e o til) → Non concluistes a túa fusión (existe
> >>>>>>> MERGE_HEAD)
> >>>>>>>
> >>>>>>> Por favor, faga un commit antes de fusionar. ( O por favor famoso
> >>>>>>> :-))
> >>>>>>>
> >>>>>>> Transliteración → Saíndo por unha fusión inconclusa.
> >>>>>>>
> >>>>>>> E aquí todo un pouco mesturado
> >>>>>>> Nota: actualizando a árbore de traballo '%s'.
> >>>>>>>
> >>>>>>> Atópaste en estado 'detached HEAD'. Podes revisar, facer cambios
> >>>>>>> experimentais e confirmalos, e podes descartar calquer commit
> >>>>>>> feite neste estado sen facer impacto na túa ṕola facendo outro
> >>>>>>> checkout.
> >>>>>>>
> >>>>>>> Se queres crear unha nova póla para manter os commits creados,
> >>>>>>> podes facelo (agora ou despois) empregando -b co comando checkout.
> >>>>>>> Por exemplo:
> >>>>>>>
> >>>>>>> git checkout -b <nome-da-nova-póla>
> >>>>>>>
> >>>>>>> ... todo iso nas 15 primeiras cadeas
> >>>>>>>
> >>>>>>>
> >>>>>>> Paréceme oportuno insistir no que dixo Dani... primeiro acordar
> >>>>>>> termos
> >>>>>>> e
> >>>>>>> estilo, após traducir, aínda que se un usuario de git precisa a
> >>>>>>> tradución
> >>>>>>> non lle fío moito futuro :-)
> >>>>>>>
> >>>>>>> O 16:15 do 21 de febreiro de 2018, Dani <dani at damufo.com>
> escribiu:
> >>>>>>>
> >>>>>>> Boas Marcos:
> >>>>>>>>
> >>>>>>>> Non sei até que punto pode pagar a pena traducir git.
> >>>>>>>>
> >>>>>>>>
> >>>>>>>> En todo caso, na miña opinión habería que comezar por facer un
> >>>>>>>> glosario
> >>>>>>>> específico onde poñer os termos as súas traducións
> >>>>>>>> commit
> >>>>>>>> merge
> >>>>>>>> branch
> >>>>>>>> push
> >>>>>>>> pull
> >>>>>>>> diff
> >>>>>>>> status
> >>>>>>>> reset
> >>>>>>>> checkout
> >>>>>>>> clone
> >>>>>>>> init
> >>>>>>>> add
> >>>>>>>> staged
> >>>>>>>> amend
> >>>>>>>> ...
> >>>>>>>> Aquí hai algo que igual che pode servir.
> >>>>>>>> https://listas.mancomun.gal/pipermail/g11n/2009-May/001930.html
> >>>>>>>>
> >>>>>>>> Aquí tes por exemplo a tradución fixada por trasno para commit->
> >>>>>>>> envío
> >>>>>>>> http://termos.trasno.gal/
> >>>>>>>>
> >>>>>>>>
> >>>>>>>> Eu seguiría as instrucións aquí indicadas
> >>>>>>>> https://github.com/git/git/tree/master/po
> >>>>>>>> para logo crear o
> >>>>>>>> gl.po
> >>>>>>>>
> >>>>>>>> Para traducir empregaría poedit, virtaal, lokalize ou o que che
> sexa
> >>>>>>>> máis
> >>>>>>>> práctico e ir facendo envíos («commits») coas traducións
> >>>>>>>>
> >>>>>>>>
> >>>>>>>> Dani
> >>>>>>>>
> >>>>>>>> On 21/02/18 13:24, Marcos Horro Varela wrote:
> >>>>>>>>
> >>>>>>>> Ola a todos,
> >>>>>>>>>
> >>>>>>>>> Actualmente estou a traducir o aplicativo git, unha ferramenta
> que
> >>>>>>>>> serve
> >>>>>>>>> como control de versións e que ademais emprégase moito no ámbito
> >>>>>>>>> informático. Non coñezo moi ben a dinámica do equipo de
> >>>>>>>>> traduccións;
> >>>>>>>>> de
> >>>>>>>>> feito este é o primeiro correo. Eu o que estou a facer é crear
> >>>>>>>>> novas
> >>>>>>>>> suxerencias na páxina de translation LaunchPad [1], pero non sei
> se
> >>>>>>>>> o estou
> >>>>>>>>> a facer ben.
> >>>>>>>>> Grazas.
> >>>>>>>>>
> >>>>>>>>> Saúdos,
> >>>>>>>>>
> >>>>>>>>> [1] https://translations.launchpad.net/ubuntu/bionic/+source/
> >>>>>>>>> git/+pots/git/gl/+translate
> >>>>>>>>>
> >>>>>>>>>
> >>>>>>>>
> >>>>>>>> --
> >>>>>>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> >>>>>>>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> >>>>>>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >>>>>>>>
> >>>>>>>>
> >>>>>>> --
> >>>>>>> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> >>>>>>> http://galpon.org
> >>>>>>> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
> >>>>>>> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo»
> http://minino.galpon.org
> >>>>>>> --
> >>>>>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> >>>>>>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> >>>>>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >>>>>>>
> >>>>
> >>>>
> >>>> --
> >>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> >>>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> >>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >>>>
> >>>
> >>>
> >>> --
> >>> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> >>> http://galpon.org
> >>> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
> >>> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
> >>>
> >>
> >>
> >
> >
> >
> >
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>